O Concello de Ribadeo organiza a charla ‘A estafa das preferentes e subordinadas’, que terá lugar o vindeiro venres, 12 de abril, ás 20:30 horas no Cine Teatro. Ao acto asistirá Xulio Vicente, portavoz da plataforma de afectados polas preferentes do Rosal, na provincia de Pontevedra; ademais de intervir o rexedor local, Fernando Suárez e o concelleiro de Consumo, Horacio Cupeiro. Neste 2013, segundo o alcalde, son 83 os afectados da zona os que acudiron a presentar reclamacións á oficina de consumo de Ribadeo, das que preto de 60 se plantexaron estes días, tras o envío de cartas por parte de NovaGalicia Banco advertindo das quitas para os titulares de participacións preferentes e de obrigas subordinadas.
A estafa das preferentes e subordinadas, charla en Ribadeo
A estafa das preferentes e subordinadas, charla en Ribadeo
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón