– Bolseiros e persoal técnico da TIC elaborarán un DVD coas actuacións organizadas polo Conservatorio de Danza e o Concello de Lugo, en homenaxe este ano a Isadora Duncan.
– A Fundación TIC favorece a inserción dos titulados na Escola de Imaxe e Son coa realización de prácticas reais en proxectos audiovisuais cos que apoia o labor das entidades sen ánimo de lucro da provincia.
Bolseiros da Escola de Imaxe e Son e persoal técnico da Fundación TIC están a gravar as actuacións da Semana da Danza de Lugo, que arrancou onte e continuará ata o día 30 de abril, en homenaxe á bailarina Isadora Duncan. Isto é posible grazas ó convenio que a Fundación TIC mantén co Conservatorio de Danza de Lugo, co fin de difundir os valores educativos desta manifestación artística que supón unha canle de interese para a promoción da provincia.
O Conservatorio de Danza e o Concello de Lugo organizan o evento por segundo ano consecutivo para conmemorar o Día Internacional da Danza, o 29 de abril. O programa inclúe numerosas actividades que se celebrarán en distintos lugares da cidade, mesmo na rúa, e contará coa participación de varios centros de danza de Galicia. Entre as novidades desta edición destaca unha coreografía que percorrerá, o sábado 27 de abril, o centro histórico da capital. Nela participarán unhas 150 persoas acompañadas dos músicos da Escola Municipal de Lugo. Tamén por primeira vez, á programación incorpóranse novos estilos de danza como o flamenco, o baile deportivo e moderno ou a danza do ventre.
O labor sociocultural da TIC
A colaboración da Fundación TIC é posible grazas ó convenio subscrito co Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, unha das 120 entidades coas que ten asinados convenios. Este apoio cumpre cun dobre obxectivo: por unha banda, é un importante factor de promoción do traballo que levan a cabo todas estas entidades e, por outra, os alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo, único centro público da provincia que ofrece ensinanzas superiores da rama audiovisual, complementan a súa formación con prácticas reais en diversos proxectos audiovisuais, de cara a súa inserción laboral.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



