Cervo, 8 de abril de 2013-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias reuníronse o pasado mércores con Xosé Díaz e José Luis Vázquez, propietarios da Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Unha xuntanza que fora solicitada polos donos da factoría e que foi formulada como unha presentación da sexta etapa de Sargadelos despois das novas incorporacións producidas na propiedade da fábrica hai unhas semanas.
No encontro, que tivo lugar nos Edificios Administrativos da Xunta en Santiago de Compostela, Díaz e Vázquez trasladaron aos representantes públicos o seu proxecto para reconducir e darlle un novo pulo a esta fábrica histórica. Tal e como explica o rexedor “os administradores de Sargadelos coinciden en avogar por darlle un futuro ao complexo empresarial e a todo o que leva consigo Sargadelos como iniciativa empresarial, artística, cultural e histórica”.
Villares valorou moi positivamente esta primeira toma de contacto e o obxectivo esencial, fixado polas dúas familias con capital maioritario no grupo empresarial, de marcar un antes e un despois coa xa bautizada como sexta etapa de Sargadelos. “Dende o Concello de Cervo desexamos que esta nova fase resulte moi frutífera e beneficiosa para o grupo e, deste xeito, para o municipio cervense en particular e para toda a sociedade galega en xeral como comunidade que atopa en Sargadelos unha simboloxía e unha identidade con séculos de historia e, agardamos, con moito futuro por diante”. O rexedor aproveitou para manifestar a súa disposición por “manter aberta a liña de colaboración do Concello coa factoría”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



