Ribadeo, 3 de abril de 2013. ACISA entregou onte os premios aos gañadores do concurso de fotografía convocado con motivo da celebración do Día do Pai. O presidente, Roberto Rivas, e o secretario, Roberto Ramos, foron os encargados de repartir os regalos.
A foto gañadora foi a denominada Para os que non están de Belén Pérez Teijo, que levou 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos comerciais asociados. O segundo posto foi para a imaxe titulada Volando al atardecer de José Mario Zamundio Quintana, que foi premiada con 200 euros en vales de compra doados pola Asociación de Veteranos Ribadeo FC. E o terceiro premio foi para a foto En tus brazos nunca tengo medio de Cruz Ron Marcos, que levou 100 euros en vales de compra.
O xurado fixo unha mención especial á foto De compras con papá de Juan Antonio Fernández González, “por captar a esencia de ACISA, do comercio de Ribadeo e da campaña organizada para rendirlles homenaxe aos pais”.
O acto también contou coa presenza de representantes da Asociación de Veteranos Ribadeo FC, que colaboraron coa campaña do padre de ACISA.
A directiva de ACISA “agradece a participación de todas as persoas que quixeron coas súas fotos ter un detalle especial para os pais e aos seguidores de facebook por seguirnos e por votar ás imaxes. Queremos dar as grazas tamén aos profesionais da fotografía, socios de ACISA: El Farero y Foto Miguel, que nos axudaron a elixir as mellores fotos, tarefa que non foi fácil, porque todas eran moi bonitas. E agradecemos tamén a colaboración da Asociación de Veteranos Ribadeo FC”.
ACISA móstrase moi satisfeita coa acollida que tivo esta campaña.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



