A delegada territorial, Raquel Arias, encabezou o acto celebrado no Edificio Administrativo da Xunta en Lugo contra a violencia de xénero, en repulsa pola morte dunha veciña de Lugo a mans da súa parella ocorrida o pasado venres. Previamente, Arias participou tamén na concentración convocada no Concello para recordar a Helena Dumitru.
