O club é un claro exemplo de traballo desde a base, con 141 deportistas federados e uns 85 escolares, e cun equipo feminino na Primeira División de Atletismo
O Lucus – Caixa Rural venceu na clasificación conxunta por equipos o Campionato Galego de Atletismo por Clubs
Lugo, 19 de abril de 2013. O vicepresidente nacionalista da Deputación de Lugo e delegado de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, visitou esta tarde aos deportistas e adestradores do club de atletismo Lucus – Caixa Rural, para ver unha das súas sesións de traballo e aproveitar para trasladarlles os parabéns pola magnífica actuación realizada no Campionato Galego por Clubs disputado na Malata, en Ferrol. De feito, o club lucense logrou o segundo posto co equipo feminino, mentres que o conxunto masculino clasificouse na quinta posición. Pero, sobre todo, o club lucense logrou o primeiro posto na clasificación conxunta, aquela que se compón a partir da suma de puntos obtidos polos dous conxuntos.
Nesta competición, no aspecto individual destacaron os seis triunfos que lograron os representantes do Lucus en diferentes probas. Miguel Pérez impúxose na proba dos 110 metros valados cun tempo de 15.09 segundos; Paula Ferreiros fixo o propio nos 400 metros cun tempo de 55.38 segundos, que é tamén a súa mellor marca persoal; Alicia Merino gañou a proba dos 100 metros valados cun tempo de 15.81 segundos; Saleta Fernández triunfou na proba do salto de altura cunha marca de 1.60 metros; e finalmente Marta Lolo levou a vitoria na proba do salto de lonxitude cunha marca de 5.52 metros e no triplo salto con 12.20 metros. O Lucus feminino prepara agora a súa estrea na Primeira División de clubs, que arrincará o día 28 deste mes en Burgos.
Antonio Veiga felicitou a todos e todas as deportistas do club Lucus, así como aos adestradores e directivos, polo seu recente título de campión por equipos no Campionato Galego, e destacou que o Club Lucus “é un referente para Lugo no mundo do atletismo e xa non só remitíndonos aos resultados e triunfos acadados nin á súa traxectoria desde 1984, senón tamén como modelo de club, xa que o seu traballo comeza afincado desde a base, o que fai máis sólido o propio proxecto deportivo e, ao mesmo tempo, dá a posibilidade de achegarse a esta práctica deportiva á poboación lucense desde as idades máis temperás. Isto concorda exactamente co que nós entendemos pola promoción do deporte e por iso desde a Área de Deporte da Deputación de Lugo fixemos, desde sempre, unha aposta clara por apoiar os clubs que seguen este modelo”.
Os membros do Club Atletismo Lucus Caixa Rural fixéronlle entrega a xeito de agradecemento ao vicepresidente dunha imaxe de equipo dos deportistas que acadaron o título galego por equipos, no que é a primeira vez que un equipo lucense se fai con este galardón.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
