Lugo con 656.842 hectáreas -un 67% do total do seu solo- é a provincia con maior superficie forestal arborada de toda Galicia.
• O Parlamento de Galicia aprobou, a iniciativa do PP, unha iniciativa instando á Xunta a analizar e promover cantas medidas sexan precisas en apoio dos proxectos empresariais que estean dirixidos ao aproveitamento da biomasa forestal
• Ademais da abundancia do recurso Lugo dispón de emprendedores e empresas interesadas no desenvolvemento desta industria que contribuirá a xerar riqueza e emprego na zona rural.
Lugo, 5 de abril de 2013.- O secretario xeral do PPdeLugo e voceiro de Montes do PPdeG, Jose Manuel Balseiro, ofreceu hoxe unha rolda de prensa na que indicou que a nosa provincia será a máis beneficiada polas medidas que ten previsto desenvolver o Goberno galego para impulsar o uso da biomasa forestal como fonte enerxética limpa e alternativa.
O Parlamento de Galicia acordaba o pasado mes de marzo, a iniciativa do Grupo Popular e través dunha proposición defendida por Jose Manuel Balseiro, instar á Xunta a analizar e promover cantas medidas sexan precisas en apoio dos proxectos empresariais que estean dirixidos ao aproveitamento da biomasa forestal.
ABUNDANCIA DE RECURSO
Son moitas as condicións que fan da nosa provincia un emprazamento ideal para futuros proxectos empresariais baseados no aproveitamento deste recurso. Só en Lugo hai máis dun millón de hectáreas de masa forestal (incluído matogueiras), a superficie arborada é do 67% do total do seu solo o que equivale a 658.842 hectáreas, en consecuencia, Lugo é a provincia galega como maior superficie forestal arborada, avantaxando a todas as demais.
CONVERTIR UN RESIDUO NUN RECURSO
Balseiro explicou que o aproveitamento enerxético da biomasa forestal permite converter un residuo nun recurso, xa que boa parte do combustible empregado na produción desta enerxía son materias residuais que é preciso eliminar.
Así por exemplo como da biomasa aprovéitanse sobre todo restos de operacións selvícolas e cortes, matogueira, subprodutos derivados da primeira transformación da madeira… etc
Esta circunstancia implica tamén outras vantaxes xa que permite manter limpos os montes e, deste xeito, reducir o risco de que se produzan incendios. Segundo estimacións oficiais reducindo incluso nun 20% a incidencia dos lumes
EMPRENDEDORES INTERESADOS
Pero ademais da abundancia do recurso Lugo tamén ten outra circunstancia moi salientable –sobre todo en tempos de crise- que non quixo pasar por alto Jose Manuel Balseiro: existen emprendedores e empresas moi interesadas en sacar partido a este recurso.
Balseiro referiuse a que todos eles poderán acollerse ás vantaxes económicas e financeiras incluídas no Plan Impulsa Lugo así como a outro tipo de beneficios de discriminación positiva cara esta provincia desenvolvidos pola Xunta.
Ademais dos proxectos empresariais xa en marcha no aproveitamento da biomasa forestal como poden ser os que desenvolven varias empresas de Trabada ou Alfoz, existen propostas moi interesantes neste ámbito e iniciativas en Mondoñedo ou Palas, ou incluso na planta de As Pontes, que aínda que está noutra provincia emprega moita materia prima de montes lucenses.
A maiores a propia Xunta impulsa iniciativas no ámbito da xeración de calor e refrixeración en hospitais e edificios públicos ou a través de axudas cualificadas, para a implantación de biomasa como combustible das caldeiras nos fogares.
EMPREGO NO MEDIO RURAL
“Desde o PP entendemos que cómpre continuar na liña iniciada polo Goberno galego para promover o aproveitamento da biomasa, xa que ademais das vantaxes ecolóxicas é unha actividade que contribúe á creación de emprego e beneficia o desenvolvemento económico do medio rural, así como á fixación de poboación, xa que está baseada nun recurso disperso no territorio e que en Lugo existe en abundancia”-explicou Balseiro
Balseiro indicou que “aqueles proxectos empresariais que aposten por esta actividade poden incluso exportar biomasa a outras áreas do territorio español”
ALTERNATIVA MÁIS LIMPA
Desde o punto de vista ambiental a biomasa forestal pode ser tamén unha alternativa firme a outras non renovables ou, cando menos, diminuír a dependencia destas últimas. “Hai que salientar a ausencia de contaminantes sulfurados ou nitroxenados”- entre outros.
CONCLUSIÓN
“Lugo é de xeito obxectivo a provincia que maior beneficio pode contar deste aproveitamento enerxético. A nosa provincia, pode converterse, en destino preferente dos proxectos innovadores no uso da biomasa forestal, e neso estamos traballando”-concluíu o secretario xeral.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



