A Mariña, 5 de abril de 2013. A responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego na Mariña, Ana Ermida, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de “liquidar os dereitos sanitarios da Mariña coa implantación da área de xestión integrada de Lugo que limita o acceso aos servizos sanitarios e racha coa calidade de vida dos mariñáns, que ademais deberán dedicar máis recursos económicos para poder ser atendidos, unha realidade que acaba de ser confirmada coa publicación hoxe no DOG do DECRETO 55/2013, do 21 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos”.
Para Ana Ermida, “a publicación do decreto de xestión sanitaria integrada confirma a mentira do PP. A Xunta de Galiza con Feijóo mentiu aos mariñáns xa que hai 3 anos afirmaba que a Mariña tería plena capacidade de xestión e agora vemos como o DOG certifica a Xestión Integrada das Áreas da Mariña e Monforte en Lugo”.
“Se o PP atendese a criterios técnicos, de eficiencia de xestión ou calquera outra cuestión, en ningún momento se plantexaría crear esta centralización da xestión en Lugo. Con isto demóstrase que o PP só atende ás súas propias razóns, desoíndo aos miles de mariñáns e mariñás que se manifestaron, desde usuarios e usuarias do servizo a persoal facultativo e traballadores da sanidade. Por iso, non é de estrañar a postura dos alcaldes do PP da nosa comarca, rexeitando en todo momento calquera encontro para tratar de poñer enriba da mesa unha solución á xestión integrada en Lugo, se cadra porque sabían que isto non tería volta atrás e que o único que estaban a tentar facer desde a Xunta de Galiza era acalar as críticas con mentiras”- expresou Ana Ermida.
Os nacionalistas entenden que a xerencia única impedirá os novos investimentos prometidos tanto para os centros de saúde como para os centro hospitalario, así como a implantación de novos servizos e especialidades e que a sanidade da Mariña irase desmantelando progresivamente.
Ana Ermida sentenciou que “recortar en sanidade é recortar en saúde como xa se está demostrando en países coma o Reino Unido onde a falla de atención por falla de persoal tras os recortes levados a cabo provocou importante neglixencias médicas que conduciron á morte de varios pacientes. Un goberno responsábel e comprometido co seu pobo debera ter como prioridade a promoción e garantía da saúde e, polo de agora, todas as medidas sanitarias aprobadas polos gobernos da Xunta e do Estado rachan coa equidade do nosos sistema sanitarios.”



















Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.



