A cita entre Castrexos e Romanos achégase. Día: 20 de abril. Hora: 13.00. Lugar: Burela. Escenario: Vista Alegre e a pista azul de LNFS. Protagonistas: Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo. Testemuña: Marca TV. En xogo: Orgullo.
O derbi galego suma os ingredientes ideais para ofrecer un gran espectáculo xa que ambos conxuntos chegan ao duelo sen presión na clasificación. O Burela Pescados Rubén pode certificar o seu permanencia na Primeira División da LNFS, a mellor liga do mundo, si consegue unha vitoria ante o Azkar Lugo, décimo con 20 puntos e coa salvación no zurrón. Ata é posible que o choque comece coa permanencia laranxa certificada, si o Triman Navarra se impón ao Puertollano FS no templo de Anaitasuna o venres 19, a partir das 20.30 horas.
Juanlu, o druída laranxa, creou a pócima idónea para lograr o rexurdir dos castrexos, capaces de enfrontarse con convicción ante calquera reto. Inter, ElPozo, Gáldar e Santiago Futsal comprobaron a eficacia da pócima laranxa. Únicamente queda unha débeda pendente, a ofrenda da vitoria en Vista Alegre a unha incansable afección castrexa que prepara as súas gargantas para animar e celebrar o triunfo dos seus guerreiros. Os 12 elixidos para o desafío son; Edu, Iago Barro, Iago Míguez, Juanma, Christian, Hugo, Mimi, Enrique, Matamoros, Isi, Cesinha e Fabio.
Nacho Pedraza. O xogador burelés é baixa xa que deberá pasar polo quirófano para recuperarse da súa lesión no xeonllo esquerdo. O luns día 22, o traumatólogo José Antonio López realizará a intervención no centro hospitalario Polusa de Lugo.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
