Foz, 30 de abril de 2013. Os días 3 e 4 de maio terá lugar en Foz a festa do polbo que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
En 22 bares, mesóns e restaurantes poderase degustar o exquisito cefalópodo desta zona. Son: A Funcional, A Maseira, A Rula, A Viña, A Bolera, Acuario, Oiche, Dallas, Express, May-Ros, Anduriña, Fina, Portovello, Leyton, O Tangarte, Asoalta, pizzería Xoiña, Costumes do Mar, Dandy, O Lar, O Tangarte Mariñeiro e Portochico.
Desde a directiva de ACIA Foz animan “a achegarse a Foz a probar o saboroso polbo que atoparán nos locais participantes. Esta fin de semana, que é de ponte nalgunhas cidades españolas, é unha boa ocasión para viaxar a Foz e a outros puntos da Mariña e disfrutar da excelente gastronomía destaccomarca”.
As compras na túa vila teñen premio
Ademais o vindeiro venres, 3 de maio, remata a campaña As compras na túa vila teñen premio, que se ven desenvolvendo en Foz desde o pasado 22 de abril. A praza Conde Fontao acollerá a partires das 20 horas o sorteo dos 2.000 euros en tarxetas regalo que se poñen en xogo con esta campaña, organizada pola Federación Galega de Comercio e ACIA Foz. Os posuidores dos boletos que entrarán no sorteo deberán estar presentes para poder facerse cos premios. Durante todo o día haberá diferente animación polas rúas de Foz.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



