CORDIAL E MOI POSITIVA. ASÍ FOI, SEGUNDO GONZÁLEZ BARCIA, A XUNTANZA QUE MANTIVO HOXE CO SECRETARIO XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL PARA FALAR DO PXOM.
Burela, 8 de abril de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, cualifica de cordial e de moi positiva a xuntanza que mantivo hoxe co secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito, en Santiago para seguir afondando e analizar as liñas básicas do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
O rexedor dixo que “todo apunta a que os plans previstos se poderán cumprir e que non haberá grandes diferenzas de tempo. A finais deste mes queremos enviar o documento para a elaboración da memoria ambiental por parte da Consellería de Medio Ambiente”. E engadiu que “a interpretación que fixemos hoxe é coincidente, polo que entendemos que non debería de haber grandes problemas para cumprir cos prazos previstos”.
González Barcia sinalou que os contactos seguirán nos vindeiros días.
Expomar 2013
O alcalde burelés e a xerente da Fundación Expomar, Catalina Luengo, reuníronse esta tarde en Santiago coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, “co obxectivo de ultimar os detalles sobre a colaboración que a administración autonómica e a fundación manterán de cara á celebración de feira náutico pesqueira en maio. Eses detalles concretaranse en breve, aínda que hoxe quedaron pre establecidos”.
González Barcia indicou que “as datas que se barallan para a presentación da feira Expomar en Santiago de Compostela están na última semana do presente mes de abril. A ese acto acto acudirá a propia conselleira Rosa Quintana. Despois virán a presentación de Expomar en Burela e tamén en Lugo, debido neste último caso a que estamos diante da única feira náutico pesqueira que se celebra na provincia de Lugo”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



