O grupo de Boiro The Lakazáns actúa este sábado, 27 de abril, na Sala Castelao de Lugo, a partir da medianoite. Esta actuación é o eixo central da programación desta fin de semana, que inclúe tamén esta noite o sorteo de 2.000 euros entre os propietarios dos boletos que se repartiron en varios pubs de Lugo. A entrada para o concerto do sábado terá un custe de cinco euros e inclúe unha consumición. Lakazáns formouse no ano 2010 pola unión de varios amigos amantes da música. Tras un ano de traballo, decidiron formalizar o grupo cun repertorio formado por versións de clásicos do blues, soul, country e rock & roll, aos que suman os seus temas propios. The Lakazáns fórmano Isma, á guitarra e á harmónica; Trilli e Likal, batería; Benja, guitarra, slide guitar e mandolina; Almudena e Sabela, voz; Figui, harmónica; e Fran Velo, baixo.
