Dicía un profesor de matemáticas que tiven eu, aló nos tempos do Bacharelato, que o importante é saber dúas cousas: onde estamos? e a onde queremos chegar?. Engado eu que hai outras dúas de igual transcendencia: de onde vimos e cara onde vamos?
O seño Salgueiro, fíxose co goberno local de Xove hai cousa de sete anos encarnando un cambio de formas e actitudes (non de políticas profundas) que quería rachar co que durante anos fora un feudo no que dominaban as decisións unilaterais e o ordeno e mando permanente.
A cousa non comezou mal de todo, pero vai camiño de finar ese espírito inicial deixándonos, aos veciños e veciñas, igual ou peor que antes. Non é que sexa un pesimista pero o feito de que o Señor Alcalde non se teña equivocado en nada durante sete anos é motivo máis que sobrado de preocupación. Tamén pode ser que nos atopemos ante un Pai da Igrexa ou especie de Santo reencarnado e que as nosas torpes mentes humanas non nos permitan recoñecelo como tal.
Demetrio Salgueiro cobrou dieta cando foi a Compostela á manifestación cos traballadores e traballadoras de Alcoa e isto é unha certeza. Tamén é certo que ese día se reuniu co Conselleiro de Industria e isto último ademais de ser unha certeza esconde dúas torpezas: a primeira a do Conselleiro por colocar a reunión o mesmo día da manifestación, o que hai que traducir en clave da politización vergoñenta que o PP fixo do tema Alcoa durante a campaña electoral. E a segunda, a do Alcalde xovense por cobrar a dieta, nun erro de cálculo político de primeirizo.
Errare humanum est. Trabucarse é humano ou se se quere ata o máis humano. O que xa nos sitúa noutra categoría é perseverar e esconder o erro detrás da mentira, parapetalo nas medias verdades ou saír con temas que nada teñen que ver co tratado. E todo isto é o que fai o Alcalde nas súas declaracións a diversos medios de comunicación o 6 de abril. Como xa dixen outras veces, diante da confusión, puntualizacións. Serei breve.
Os concelleiros do BNG cobran por ir aos plenos o mesmo que cobran o resto de concelleiros do PP e do PSOE e que vén sendo o que a Alcaldía propuxo no primeiro pleno da lexislatura, onde, por certo, se lle baixou a asignación aos grupos políticos municipais e se subiu a dos concelleiros (recordo que o PP ten 8 e o BNG 2). Por este camiño o prestidixitador Salgueiro aínda ha ser capaz de facerlle crer á xente que cobramos nós as dedicacións que perciben eles.
Recordo en lonxanía estar cunha veliña na praza de Burela nunha concentración coa xente de Alcoa, igual que me vén á lembranza un paseíño dende a fábrica ata o Castelo coa mesma xente. Tamén recordo algunhas reunións con representantes sindicais da empresa Alcoa. Marco López, como representante primeiro do BNG en Xove recorda esas e moitas outras. De todo isto non é difícil inferir que o Alcalde mente compulsivamente cando di que só estivemos na manifestación de Viveiro. E isto xa é de gravidade e pon ás claras un sentimento de vendetta pública indigno de quen detenta o poder.
Toca rectificar, contestar no pleno ao que se require e sen evasivas, e entender que o diálogo non é dicir AMÉN, SI SEÑOR. Tempos foron de abaixar as testas e calar. Pasaron, déixaos ir.
Xosé Manuel López Hermida, concelleiro do BNG en Xove.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



