23.668. Esa foi a cifra de accidentes laborais que se produciron só o pasado ano 2012 en Galiza. Si leron ben, case 25.000 accidentes, máis de 64 por día. O noso país situouse á cabeza do Estado no número de accidentes graves cunha taxa que supera en máis do dobre a media estatal. A esa dramática marca engádese unha aínda peor. Somos o segundo territorio, apenas por detrás de La Rioja, en número de accidentes laborais que rematan en morte da traballadora ou traballador. En 2012 foron 45 as persoas que perderon a vida no seu traballo –case unha por semana– e outras 486 correron o risco de a perder, ao seren vítimas de accidentes graves. Unhas estatísticas terríbeis só superadas pola mortalidade en accidentes de tráfico, que se cobrou a vida de 127 persoas o pasado ano, e moi superior ás 4 mulleres vítimas do terrorismo machista no mesmo período.
Sobre estas dúas últimas realidades, as mortes nas estradas e a lacra social da violencia machista, téñense dado importantes pasos na sensibilización social e na visibilización de ambas as dúas, mais non sucede o mesmo no caso da sinistralidade laboral. Óbviase que detrás destas cifras, invisíbeis nos grandes media, latexa unha problemática real que afecta a persoas de carne e oso, e tamén as súas familias e contornas, co agravante de se producir durante a xornada de traballo.
A insensibilidade dos goberno galego e español a este respecto é manifesta, dada a continuada merma das partidas destinadas a unha prevención, que coas cifras na man é en boa medida cuestión de vida ou morte. Para alén da mellor cualificación en materia de riscos ou das campañas de sensibilización, imprescindíbeis para poñer a luz sobre unha realidade opacada, cómpre desde logo un maior esforzo fiscalizador e de control por parte das administracións públicas, nomeadamente desde a Inspección de Traballo contra a irresponsabilidade empresarial que se atopa tras moitos dos accidentes. Ese é o vieiro que nos ha permitir converter as imaxes de traballadores colgados sen arnés, de operarios sen casco, de traballadoras sen material axeitado, nunha cuestión do pasado, e facer da sinistralidade laboral un mal recordo dunha etapa da historia na que a vida dun traballador semellaba non merecer un titular, ou apenas só merecer iso. Facendo que morrer no traballo deixe de ser un risco real en Galiza.
Xabier P. Igrexas

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



