O xogador laranxa, Nacho Pedraza, inicia a súa recuperación tras pasar polo quirófano, luns día 22, no Centro Hospitalario Polusa de Lugo. O traumatólogo, José Antonio López, foi o cirurxián encargado de operar ao xogador burelés que arrastrou durante numerosas xornadas molestias no seu xeonllo esquerdo, afectada pola síndrome da cintilla iliotibial que impediu a Nacho Pedraza estar nas condicións idóneas para ofrecer a súa mellor versión. O xogador burelés mostrouse “aliviado xa que agora temos un punto de partida para iniciar a recuperación. Foi duro non estar en condicións óptimas para xogar e axudar ao equipo”. En función da evolución, estímase que Nacho Pedraza debe estar afastado das pistas durante un período de mes e medio ou dous meses, polo que se despide da tempada actual.
Nacho Pedraza: “Foi duro non estar nas mellores condicións para axudar ao equipo”
Nacho Pedraza: “Foi duro non estar nas mellores condicións para axudar ao equipo”
Relacionado
-
76 equipos de 11 países daranse cita en Ribadeo os días 25 e 26 de maio no XVIII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos
-
Diego Villares, xogador vilalbés do Dépor, foi recibido e parabenizado no seu concello
-
Seis equipos galegos e asturianos daranse cita en Ribadeo este sábado nunha exhibición organizada polo club de karate local