O audiovisual galego entregou os seus premios “Mestre Mateo” nun ambiente marcado pola crítica de Mabel Rivera e do presidente da Academia do Audiovisual, Antonio Mourelos e da incerteza sobre cando volverán ter traballo na Galicia os que o perderon e canto lles durara aos que o manteñen. Para os que adoitamos comparecer a estes xuntoiros non foi inadvertida a cantidade de ausentes e as historias que outros contaban a respecto da súa situación. Profesionais emigrados ou que malviven con traballos espallados. Galicia perdeu nos últimos dous anos mais de dous mil empregos nas súas industrias audiovisuais e culturais.
Dende a Lei galega do Audiovisual (1999) desenvolveuse discretamente este novo sector. Formáronse centos de profesionais xeralmente recoñecidos. Os cartos públicos investidos retornaron á sociedade multiplicados. Creouse o cerne dunha nova industria. A Axencia Galega do Audiovisual da conselleira nacionalista Ánxela Bugallo xerou ducias de novos creadores e proxectos de emprendemento.
As políticas suicidas de austeridade, combinadas co incremento do IVE do 8 ao 21% están a liquidar o sector na Galicia, canda a edición e as artes escénicas e musicais. Mais pasma a capacidade de reinvención da meirande parte do sector, que segue a xerar produtos de calidade e novas linguaxes a pesares deste proceso de destrución.
A ARRINCADEIRA: GALICIA CANÍBAL.
Publicouse hai días que a produtora de Antón Reixa recibiu da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) 140.000 euros poucas semanas antes do cesamento do anterior xerente J.C. Fasero e da súa fichaxe como delegado pola SGAE que preside Reixa. Mais o respecto aos feitos acaecidos esixe coñecermos a información completa. Filmanova investiu en “Galicia Canibal” por riba do 1M€, empregando máis de 60 artistas e profesionais (23 deles riba da escea e 40 na equipa técnica e de marketing) dende abril a novembro do 2012. A subvención outorgouse de xeito regrado e automático, nunha porcentaxe sobre o custo investido e xustificado. Na contia concedida influiu tamén a falla de concorrencia, ao non existir solicitudes de subvencion elixibeis desta dimensión no 2012, por mor da crise. Por outra banda, Fasero era xa o candidato do SGAE ao cargo de delegado en Galicia no 2010, moito antes da elección de Reixa.
Xoán Antón Pérez-Lema
CADERNOS DA VIAXE


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



