O Burela FS Pescados Rubén mantense firme ao axexo do cume de Primeira División RFEF tras o contundente triunfo na complicada pista do Valladolid (3-6). As pupilas de Javier Pardeiro demostraron dominio absoluto do partido, cunha perfecta concentración que lles concedeu unha vantaxe de 0-3 no descanso, que chegou ata o 0-6 no minuto 30.
O Burela adiantouse aos catro minutos por mediación de Lucía Nespereira, aproveitando un rexeitamento para rematar desde dez metros. O tempo reafirmou o control das burelistas, ben situadas sobre a pista para ampliar as distancias no marcador. Así, no minuto 16, volveu deixarse ver a puntería mariñá, con Haydee, á saída dun saque de banda en lanzamento exterior, e Peque, alcanzando un rexeitamento desde o punto de penalti. Con 0-3 valisoletanas e galegas chegaron ao descanso.
No segundo tempo, o Valladolid non puido facer nada para conter a furia irresistible das laranxas, ávidas de gol. Dany sentenciou o 0-4, ao segundo pau tras pase de Peque, e segundos máis tarde, foi a propia Peque a que volvía aparecer para subir o 0-5, ao irse de Fátima e bater a Lorena. As locais responderon con porteira xogadora e chegou o 0-6 con hat-trick de Peque. Mantendo o xogo de cinco, Inma inaugurou o luminoso para as valisoletanas, no minuto 34. No 37 e o 39, Rosana, a pase de Fátima, e Amelia, cun potente remate desde seis metros, reduciron distancias ata 3-6, sen que o nerviosismo puidese aparecer nas filas laranxas.
Valladolid FSF: Lorena; Fátima, Claudia, Leti e Amelia (quinteto inicial). Tamén xogaron Cárol, Rosana, Inma y Jéssica.
Burela: Jozi; Dolo, Peque, Haydée e Lucía (quinteto inicial). Tamén xogaron Dany, Lidia e Maite.
Amoestaron con cartolina amarela a Lucía Nespereira (18) no Burela e a Carolina (39), Rosana (33) e Amelia (22) no Valladolid.
Goles
0-1, min. 4 Lucía Nespereira
0-2, min. 16 Haydée
0-3, min. 17 Peque
0-4, min. 23 Dany
0-5, min. 24 Peque
0-6, min. 30 Peque
1-6, min. 34 Inma
2-6, min. 37 Rosana
3-6, min. 38 Amelia
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
