O acto que se desenvolverá o venres 12 de abril no Cine Teatro contará coa asistencia do presidente da Plataforma de Afectados do Rosal, o concelleiro de Consumo e o alcalde de Ribadeo.
Ribadeo, 9 de abril de 2013. O Concello organiza unha charla A estafa das preferentes e subordinadas, que terá lugar o vindeiro venres, 12 de abril, ás 20:30 horas no Cine Teatro. Ao acto asistirá Xulio Vicente, portavoz da plataforma de afectados polas preferentes do Rosal na provincia de Pontevedra. Neste 2013, segundo os datos facilitados esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, 83 afectados da zona acudiron a presentar reclamacións á oficina de consumo de Ribadeo, das que preto de 60 se plantexaron estes días, tras o envío de cartas por parte de NovaGalicia Banco advertindo das quitas para os titulares de participacións preferentes e de obligacións subordinadas.
Suárez Barcia explicou que “á vista desta situación de fonda preocupación que se está a dar en Ribadeo cos afectados polas participación preferentes e subordinadas e vendo o incremento no número de denuncias que se están a presentar na oficina de consumo de Ribadeo desde o Concellaría de Consumo convocamos unha charla informativa e aberta baixo o título A estafa das preferentes e subordinadas”. O acto terá lugar o vindeiro venres, 12 de abril, ás 20:30 horas no Cine Teatro. Nel intervirán o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Consumo, Horacio Cupeiro, e o portavoz da plataforma de afectados polas preferentes do Rosal (Pontevedra) Xulio Vicente.
O rexedor subliñou que “dita plafaforma do Rosal ten unha actividade importante nestes últimos días pedindo solucións xustas ao que é unha estafa, un engano e unha fraude masiva. Hai que ter en conta que aquí na oficina de consumo de Ribadeo no que vai deste 2013 se presentaron 83 reclamacións, a maior parte, unhas 60, producíronse estes últimos días despois de que a moitos dos afectados lles chegaran cartas do seu banco, da súa caixa á casa indicando que o que tiñan era unha subordinada e onde lles indican tamén a quita que lles van impoñer. Para dar máis información sobre este asunto é polo que convocamos este acto público e aberto que organizamos para o vindeiro venres, 12 de abril”.