Burela, 19 de abril de 2013. O alcalde burelés, José María González Barcia, e case a totalidade de concelleiros do PP compareceron hoxe en rolda de prensa para desmentir ó PSOE sobre a licenza de obra do edil Manuel Fernández Valle, explicar cal é a situación e ó mesmo tempo cuestionar a forma de actuar dos socialistas.
O goberno burelés manifestou que “esta comparecencia é un exercicio de transparencia ante a cidadanía, que se merece todas as explicacións e tamén se merece saber algunhas cousas que non nos afectan a nós, senón aos que usan a mentira e a difamación como forma habitual de facer política”.
O equipo de goberno burelés asegurou que a licenza de obra de Fernández Valle axústase totalmente á legalidade: “Manuel Fernández Valle ten unha licenza concedida o 9 de febreiro de 2007, solicitou prórroga en xaneiro de 2010, e foille concedida o 25 dese mes e ano, polo que o PSOE minte cando di que a licenza está caducada desde 2010. A licenza está totalmente viva e é válida, porque non se iniciou ningún expediente de caducidade da mesma”.
O goberno burelés explica que “as licenzas de obra están vivas mentres non se inician os expedientes de caducidade”. Segundo o equipo de goberno, sobre este asunto, existe un informe de Secretaría no que di textualmente o seguinte:
Reiterada xurisprudencia ven confirmando (sentenza do Tribunal Supremo de 12 de maio de 1989, entre outras) que a caducidade das licenzas nunca opera de maneira automática, pois requírese un acto declarativo xa que tal caducidade ven a truncar unha situación favorable para o administrado, non creada pola licenza, senón preexistente en él, como titular potencial de un dereito subxectivo “o ius edificandi” (sentenza do Tribunal Supremo de 24 de xaneiro de 1985).
O propio informe de Secretaría, “que é absolutamente válido para este caso e para outros”, e engade que “esta necesidade de declaración formal expresa sen que opere de forma automática polo simple trancurso do tempo, require unha valoración previa dos feitos e circunstancias concorrentes en expediente instruído ao efecto con cumprimento de determinados requisitos (sentenza do Tribunal Supremo de 24 de xullo de 1995). A aplicación da figura da caducidade debe de facerse con cautela e moderación e de ningún modo entender a súa aplicación automática (sentenza do Tribunal Supremo de 6 de outubro de 1987). En base ao anteriormente exposto, esta Secretaría entende que a licenza de obras concedida a Manuel Fernández Valle na Xunta de Goberno Local de data 9 de febreiro de 2007, devén plenamente vixente, xa que non consta declaración de caducidade por órgano competente ao respecto”.
Segundo o goberno burelés, “atendendo ó informe de Secretaría, non hai nada irregular e moito menos ilegal no caso desta licenza. Non hai intención deste equipo de goberno de facer nada que contraveña as distintas xurisprudencias que se recollen no informe de Secretaría. A licenza do señor Fernández Valle cumpre a lei, este veciño pagou relixiosamente os impostos e taxas que lle correspondían tanto no momento de concesión da licenza como no momento de concesión da prórroga, e polo tanto non hai moito máis que falar”.
O alcalde, José María González Barcia, afirmou que “o veciño Fernández Valle ten o mesmo trato ca calquera outro cidadán de Burela; a señora López Villar debería sabelo, e debería saber que desde o día 1 de xaneiro de 1995 o número de expedientes de caducidade de licenzas abertos de oficio polo Concello é igual a cero, como cero é o número de expedientes similares abertos no antigo Concello de Cervo desde 1987 hasta 1995. Se os socialistas pretenden que se inicien estes expedientes, que o digan, e que digan a quen; os posuidores de licenzas en vigor poden empezar a estar moi preocupados con esta postura dos socialistas”.
González Barcia engadiu que “hai unha cuestión de responsabilidade ante a cidadanía, porque o veciño Fernández Valle cumpriu rigorosamente pagando as taxas e impostos que lle correspondían. ¿Pode a señora López Villar dicir o mesmo? Non vaia ser que a señora López Villar deixara de pagar o que lle correspondía, porque fixo obras de remodelación nun piso do que é copropietaria e todo apunta a que fixo as obras sen licenza; se así fora, a señora López Villar tería defraudado á facenda municipal e polo tanto ós veciños deste concello, e ademais esas obras serían ilegais. Polo tanto, eu pídolle publicamente que aclare estas cuestións que lle afectan a ela directamente, e logo continuaremos falando. Pero se non se explica con claridade, debe irse para a súa casa”.
O alcalde tamén afirmou que “habendo un informe de Secretaría que obra en poder da señora López Villar, resulta sospeitoso que non fagan mención a el, e cando o fan resulta que len de forma mecánica pero non saben interpretar o que len”. Barcia entregou unha copia do informe ós medios de comunicación.
González Barcia foi moi claro no que respecta á credibilidade dos asinantes da nota socialista: “algúns persoeiros do PSOE burelés non están moi lexitimados para dar leccións. A señora López Villar, como se ve, puidera ser unha delas. Pero Ramiro Fernández Rey semella que tampouco pode dar leccións. Este señor foi condenado a través dunha sentencia do Xulgado de Instrucción nº 1 de Viveiro de data 8 de novembro de 2012 no xuízo de faltas 396/2012; sentencia que foi ratificada con carácter firme pola Audiencia Provincial de Lugo de 14 de febreiro deste ano, e foi condenado como autor responsable de una falta de coacciones tipificada en el artículo 620 del Código Penal, xunto con outras dúas persoas. E foi condenado no exercicio dunha actividade pública, non privada. Cada quen que saque as súas conclusións, dado que son a señora López Villar e o señor Fernández Rey os que asinan a nota do PSOE. Se eu pertencera ó PSOE, estaría realmente preocupado ó ver quen dirixe o partido en Burela”.
Finalmente, o alcalde manifestou que “por suposto, o señor Fernández Valle non vai dimitir polo que ande dicindo o PSOE. Un PSOE que está demostrando que lle vale a mentira, a insidia e a difamación para facer política, cando resulta que son eles os primeiros que non están lexitimados para dicir nada; así lles vai, e así lles irá”.










No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



