Lugo 19 de abril de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular denuncia que a Deputación de Lugo faga oídos xordos ás queixas dos alcaldes en relación ao mal funcionamento do seu programa estrela, o INNOVA-TE. Deste xeito, José Ramón Gómez Besteiro está a vender como “novos servizos”, prestacións que xa ofertara, cun pésimo resultado, en pasadas anualidades e sen “corrixir as deficiencias que estas presentan tal e como lle reclamaron reiteradamente os rexedores”.
Desta forma, os populares lembran que a Deputación Provincial está obrigado por lei a colaborar cos municipios e lamentan que o que parece “un acerto”, na práctica “estase a converter nun gran fracaso”. O ente provincial, segundo o puxeron de manifesto os rexedores locais, suspende na dotación de novas tecnoloxías aos concellos e especialmente no funcionamento do seu programa estrela, o que conleva a non rendibilización de fondos europeos.
Os populares xa denunciaron o pésimo funcionamento das actividades promovidas en torno ao INNOVA-TE, sendo “desaprobado” o programa polos municipios onde aseguran que o seu nivel de satisfacción “é moi mellorable”.
Tanto é así que os populares fan referencia a críticas como incidencias continuadas no rexistro telemático, páxinas web sen modernizar, supresión de internet no rural e mesmo PDAs para a lectura de contadores de auga que nunca chegaron a funcionar.
Ata o de agora, o pouco compromiso da Deputación Provincial de Lugo con algúns concellos da provincia a través do INNOVA-TE resúmese na simple instalación de pantallas de televisión nas entradas das Casas Consistoriais con información turística sobre a provincia de Lugo, chegando a non acenderse en algún caso.











No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



