Coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 20 de abril en Mondoñedo.
A partir das 11 da mañá na Alameda dos Remedios de Mondoñedo inícianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende as 11:30 comezarán a celebraranse as carreiras infantís coa colaboración do técnico de deportes do concello Raúl González-Redondo. Haberá varias tandas de participantes divididos por idades. Finalmente arredor das 13:00 plantarase a árbore na mesma Alameda acompañando o acto con música e un recital de poemas relacionados coa natureza que os propios rapaces lerán. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no II Concurso de Debuxo da Árbore.
Xa pola tarde seguirá a xornada con unha charla – coloquio sobre o consumo responsable, o comercio xusto e o cooperativismo. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 16:30 da tarde. Van intervir Xulio Rodríguez, membro de Labregos de Lugo – Mondoñedo; Ángel Fernández da Gandería Lina SC de Trabada; José López e Jorge Freire, membros de Cova da Terra – Lugo e Eva Roca, de Amodiño Tenda-bar de Ribadeo. Tódolos asistentes poderán realizar preguntas e participar se así o desexan, xa que o obxectivo desta actividade é coñecer a realidade arredor da agricultura e gandería na comarca e as novas tendencias do sector a través das experiencias dos poñentes e público.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



