• Os populares denuncian a situación na que se atopan dende fai preto dun ano unhas 30 casas de Estelo que non dispoñen de servizo de teléfono móbil dado unha avaría no aparato repetidor.
• O PP alega que o rexedor local ten o deber de interceder ante os entes privados e administracións para darlle unha solución aos veciños, así úrxenlle que realice de maneira inmediata os contactos oportunos.
• Os populares denuncian tamén o mal funcionamento da rede de internet habilitada polo concello no municipio, polo que lle esixen a Orlando González que atenda as peticións destes veciños que aseguran sentirse esquecidos polo equipo de goberno.
Mondoñedo, 9 de abril de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo insta ao equipo de goberno local, liderado polo rexedor nacionalista Orlando González, a que se dirixa a compañía telefónica e solicite o arranxo do repetidor que dá servizo a parroquia de Estelo.
Os veciños de Estelo trasladáronlle ao Partido Popular a situación na que se atopan as casas deste núcleo poboacional, que non dispoñen dun óptimo servizo telefónico móbil dende fai preto dun ano dado unha avaría no aparato do repetidor de Telefónica de España (Movistar).
Segundo explica a voceira local, Elena Candia, trátase dunha localización de montaña que ten dificultades para obter cobertura telefónica móbil a través de calquera compañía, polo que o non funcionamento do repetidor que aportaba un mellor servizo, deixa aos veciños con dificultades para utilizar o teléfono móbil
O Partido Popular, como grupo, dirixirase tamén ás compañías para obter unha solución, porén Elena Candia alega que o rexedor local ten o deber de interceder ante os entes privados ou administracións, dependendo do caso, para darlle unha solución aos veciños ante calquera problemática.
Polo que dende o Partido Popular úrxenlle a Orlando González que realice de maneira inmediata os contactos oportunos con Telefónica de España (Movistar) ou con algunha das outras compañías, co obxecto de que doten á parroquia dun servizo nas condicións de calidade que se viñan a prestar no principio.
Mal funcionamento da rede de internet
Os populares denuncian tamén o mal funcionamento da rede de internet habilitada polo concello no municipio. Dende o PP lamentan a pasividade do goberno local ante o pésimo servizo que ofrece esta rede pese ao importante investimento na dotación de internet.
Ante esta situación, os populares esixen a Orlando González que atenda as peticións destes veciños que aseguran sentirse esquecidos polo equipo de goberno.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



