O presidente da Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico, Jose Luís Moñita, felicita ao Concello de Cervo polo servizo que está a dar aos veciños a través da súa sección de axuda ao consumidor sobre asuntos eléctricos na que xa conseguiu dende outubro solucionar os problemas de cinco usuarios. Ademais, Moñita estende a felicitación ao Concello polo contacto permanente que ten coa Consellería de Industria “que lles permite axilizar os trámites xa que polo que dá a entender, iso consigue que se resolvan antes os problemas do Concello de Cervo que os dos outros municipios”.
O portavoz da plataforma explica que se alegran de que o concello se preocupe dos problemas dos veciños relacionados cos temas eléctricos, que se faga con fondos públicos e que teñan persoal con coñecementos nesta materia. “Estamos seguros de que o Señor Villares, como máxima autoridade do Concello de Cervo é capaz de tranquilizar a todos os veciños asegurándonos que a substitución de contadores que se está levando a cabo nestes días no municipio non vulnera ningún dereito dous usuarios así coma que todos os contadores dixitais que está a instalar Begasa teñen a autorización de uso por parte da Xunta de Galicia. Moitos deles responsabilidade do Concello, coma titular dos mesmos. Isto sería realmente tranquilizador e estariamos moi agradecidos ao señor Villares”, manifesta José Luís Moñita. Asimesmo, o presidente do colectivo lembra que o alcalde cervense comunicou nunha xuntanza que tivo lugar en outubro que dende o Concello e a Fegamp estaban estudando emprender accións legais contra Begasa e as comercializadoras, “cousa que supoñemos está a piques de suceder”.
Por outro lado, José Luís Moñita refírese tamén ás declaracións feitas pola edil de Facenda, Yolanda Pedreira, nas que recomenda desconfiar dalgún membro dalgunha entidade que, baixo máscara da defensa dos consumidores agocha os seus intereses privados, económicos e laborais. A plataforma solicita que se dean nome das devanditas entidades e dos seus membros, así como a forma pola que se están a enriquecer con esa actividade para poder denuncialo, “incluso non descartamos accións legais contra ditas entidades e membros”.
Finalmente, a plataforma de afectados polos abusos eléctricos lamenta que non puideran acudir nin Alfonso Villares nin Yolanda Pedreira á charla que tivo lugar este luns no salón de actos do CIT de San Cibrao. Pero si se alegran de que o concelleiro Luís Guillén estivera de xeito conxunto cos 150 asistentes “que semellan ser algúns mais dos que reclamaron ata agora no concello”. A próxima cita da plataforma será o xoves día 18 de abril en Ribadeo e aproveitan para convidar novamente ao alcalde cervense e a edil de Facenda, “aínda que si non conseguiron facer un oco na súa axenda para asistir ás de Cervo comprendemos que será mais complicado velos alí”, conclúe José Luís Moñita.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



