Os socialistas levarán ao Parlamento varias iniciativas contra unha decisión “que representa a total falta de sensibilidade e compromiso do PP co interior de Galicia e as zonas rurais”, que se suma a outras tamén recentes como a das áreas sanitarias e que ataca o tecido produtivo das pequenas localidades.
O PSdeG ten rexistradas no Parlamento varias iniciativas para que a Xunta se dirixa ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e deteña a resolución tomada en febreiro sobre a estrutura e organización territorial da Axencia Tributaria, que no caso da provincia de Lugo supón o desmantelamento das oficinas de Foz e Monforte, centralizando os servizos en Lugo. “Isto, sumado aos recortes, que eles chaman reformas, nas áreas sanitarias, en sanidade, en educación, en servizos sociais ou en infraestruturas representa a total falta de sensibilidade e de compromiso dos gobernos do PP co interior de Galicia e coas zonas rurais”, censura o deputado autonómico e voceiro de Economía do PSdeG, Carlos González Santín.
O socialista sinala que “con esta decisión política, o actual Goberno do Estado, centralizando os referidos servizos e afastándoos das persoas que non viven nas capitais de provincia ou en grandes cidades, deixa desprotexidos e sen servizos as persoas que viven en cidades intermedias ou en pequenas vilas, obrigándoas deste xeito a realizar desprazamentos de máis de 100 quilómetros nalgúns casos”. González Santín destaca que “mediante esta decisión, o Goberno de Rajoy leva a cabo outro recorte chamado reforma, para unha suposta optimización de recursos, que a propia resolución di que non supón aumento de gasto nin aforro, pero o que non di e que si supón unha redución de servizos, un trastorno para a xente e un incremento do gasto que implica os desprazamentos, entre outros custes”.
Este desmantelamento das oficinas da Administración Tributaria suporá que só presten servizos de recollida de documentación e información, o que “supón outro lamentable episodio dos gobernos do PP, tanto da Xunta como do Goberno de España”, co obxectivo de “ir baleirando de contido estas administracións tributarias, para nun futuro acabar pechándoas, iso si, negando e dicindo que non a todo como nos teñen acostumados, facendo no goberno o contrario do que prometeron no programa electoral, enganando aos cidadáns”, critica González Santín. O socialista lembra que “unha vez máis, a decisión nin sequera foi negociada cos axentes sociais”.
“Renuncia á loita contra a fraude fiscal”
O deputado subraia, asimismo, que “nun momento onde o Estado recada menos impostos e aumenta o déficit público, con este tipo de poítica o PP renuncia á loita contra a fraude fiscal, indo xustamente na dirección contraria á Unión Europea, que está reforzando o seu órgano recadador”.
Os socialistas lamentan que “moitos contribuíntes se verán obrigados a desprazarse a outros municipios para atender os requirimentos que a axencia lles poida realizar e que requiran a súa presenza física, co conseguinte trastorno persoal, familiar, laboral e económico” que “afecta especialmente aos autónomos e pemes, e por tanto ao asentamento da economía produtiva en moitas pequenas localidades”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



