José L. Vale.- Grazas Sres. alcaldes do PP na Mariña pola súa submisión ós que mandan no seu partido cando de protestar é. Póñense nerviosos se lles din que lles van tocar o soldo, van todos collidos da man a protestar por que se é así non van poder traballar para os seus veciños e veciñas, por que gañarían pouco, aínda que para esta lexislatura xa practicamente non da tempo de facer ás modificacións da Lei para poder aplicala antes de que remate, pero por si acaso imos dicilo onde faga falta. Pois eu dígolles que primeiro teñen vostedes que gañar ás vindeiras eleccións, e que se saiba quen vota nas mesmas é o Pobo (a xente) non o pueblo (as vilas onde se vive) ós alcaldes e concelleiros que se saiba “de momento” non elixen os gobernantes de máis rango dos partidos, é ó mellor o pobo que os elixiu, non os volve a elixir a vostedes, actuais alcaldes ingobernantes e teñen que voltar a traballar nos seus anteriores oficios nos que tanto gañaban e viñéronse servir ós veciños e veciñas perdendo cartos. Por iso e pola súa soberbia so están a pensar en gañar as vindeiras eleccións municipais defendendo os intereses ¡que digo intereses! Os mandatos dos seus amos (Balseiro, Barreiro, Feijóo, Rajoy…) e non se renden a defender a todas e todos os que os elixiron cos seus votos, nos seus concellos.
Todas e todos os mariñáns dende Ribadeo ó Vicedo, dende Trabada ata Ourol, dende O Valadouro ata Cervo…, menos vostedes, temos interese en que o Hospital da Costa sexa independente, teña unha área sanitaria propia e non teñamos (vostedes e a súas familias tamén) que voltar a vivir as viaxes a Lugo, pola Xesta, pola Gañidoira, polo Marco de Álvare… para parir, para operar unha apendicite, ou para “cortar” unha cagaleira, pola súa submisión ós seus xefes e amos e non defender os intereses de quen os elixiu, como quedou demostrado a última vez o pasado 3 de abril cando convocados polos médicos do Hospital da Costa non tiveron a decencia de asistir ningún de vostedes nin dos seus concelleiros a dita convocatoria. ¡Non debía ser importante!
Non se esquezan , Sres. “alcaldiños” , están vostedes onde están por que os puxo o Pobo e o Pobo pode botalos.
Este artigo vai dirixido ós alcaldes de : Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Alfoz, Lourenzá, Trabada. (pido desculpas se me queda algún)
José L. Vale


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



