Este luns, 15 de abril, rematan as actividades de prevención que veu impartindo desde principios de ano nos centros de ensino secundario de Burela a Unidade Asistencial de Drogodependencias. Deste xeito, foron todos os alumn@s dos IES Perdouro e Monte Castelo de 1º, 2º, 3º e 4º os que asistiron ás actividades programadas e impartidas pola traballadora social da UAD de Burela, Maite Lanza. As últimas desenvolveranse no Perdouro o luns entre as 12:20 e as 14:00 horas. Desde a UAD subliñan que “todos os pais e nais dos alumnos dos centros de ensino de Burela que poidan estar interesados na realización de actividades para eles, para os adultos, o único que teñen que facer é poñerse en contacto coa Unidade Asistencial de Drogodependencias”.
Remate das actividades da UAD de Burela nos institutos