Máis dun centenar de sendeiristas realizaron este sábado a ruta de O Val de Lourenzá. A andaina organizada por Pasada das Cabras e coordinada pola recen creada asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá, contou tamén coa colaboración do Concello de Lourenzá e a súa alcaldesa, que tamén recorreu os 14 quilómetros que conformaron a ruta. O camiño partiu da ponte de Saavedra e visitaron entre outros lugares, o Muíño de Pereiro, a fonte de Clara e o Pazo de Tovar, actualmente en restauración, e finalizando a ruta na Ponte de Pedra, xa no casco urbán de Lourenzá. A comida tivo lugar no mesón O Pipote que preparou para todos os participantes fabas de Lourenzá. Desde Pasada das Cabras agradecen a magnífica organización de Terras de Lourenzá, así como ó Concello na persoa de Emma Álvarez.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



