Enrique Geada.- Baixo a teima dunha política de confrontación partidista, de pregamento ós poderes fácticos, camiñamos cara a 20 anos de retroceso, propiciando un Estado de desigualdade e pobreza; é tan miserento o predicamento ó tratar de convencer ós cidadáns de que non existe outra alternativa que non sexa a de obedecer esta política (de descontrol) por unha falsa e corrupta Democracia.
Decía Mahatma Gandhi: “Si obedecer leis inxustas é contrario á dignidade dos homes, ningunha tiranía debe dominarnos”.
Ata onde hai que chegar soportando esta Máquina de fabricar pobreza que nos sumerxe nunha convivencia insostible, onde a clase elitista fomenta unha diferencia de status baseándose na doctrina neo-liberal, sen importarlle as consecuencias presentes e futuras ante decisións interesadas culpabilizando a sociedade dun descontrol económico amparado por uns gobernantes ausentes da realidade do pobo, situación propiciada por unha falta de responsabilidade ó gobernar nun clima de confusión e demagoxia baixo o arte de “servirse dos cidadáns facéndolles crer que a eles se sirve”.
É lamentable xustificar a política de descontrol, pasado e presente mediante decisións arcaicas, litixios xudiciais e recursos interminables tratando de consentir unha Administración corrupta, uns banqueiros desaprehensivos, uns dirixentes avariciosos… baseándose nunha gobernabilidade con criterios dunha autoridade carente de sentido común, ó pensar que as saídas das crises son posible cargándose o tecido empresarial (pimes e autónomos), baixando salarios á clase traballadora, penalizando ós xubilados, subindo impostos, recortando medios en sanidade e educación piares fundamentais no desenrolo racional do pobo, pensando que este país pode sobrevivir con seis millóns de parados sen poder adquisitivo, só contando coa exportación, a economía sumerxida e o sacrificio dos pensionistas como axuda (en extremis) ós familiares.
Si esta é a maneira de gobernar para conseguir unha estabilidade presupuestaria racional que nos permita facer frente ás subidas dos produtos básicos e a saldar as débedas contraídas; aparte de ter que salvar os bancos para evitar un derrube financeiro (corrupto e fraudulento) e seguir apoiando ás empresas do IBEX – 35, ás multinacionais con baixo imposto (5 % – 10 %), así como ás SICAS con menos impostos, mentres o resto dos contribuíntes soportamos o gravame do 35 %.
Chegaremos ó convencemento de que os nosos gobernantes descubriron a Pedra Filosofal do estado de benestar, e merecen o Nobel da Economía do despropósito.
Gobernantes sen crédito produto dunha sociedade enganada que non merecen ser chamados demócratas liberais ó non comprender que o único que non se pode tolerar é a intolerancia.
Val do Ouro
Quique Geada
Ex – Alcalde
Partícipe (en Galicia) da Transición Democrática 1978



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



