O Salón de Plenos do Concello de Xove acolleu a entrega de diplomas dos cursos de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais e Actividades Auxiliares de Conservación e Mellora en Montes. Esta entrega estivo presidida polo alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado pola AEDL Rosa Lage como coordinadora de Formación para o Emprego. No curso de Atención Sociosanitaria participaron 15 alumnas, das que 9 xa están traballando. O mesmo desenvolveuse na Aula de Formación do Concello de Xove, realizándose as prácticas na Residencia de Maiores San Bartolomé de Xove e na Residencia Geriatros de Viveiro. En canto ao curso de Actividades Auxiliares de Conservación e Mellora en Montes, inscribíronse un total de 13 alumnos e dentro das actividades didácticas, salientar a visita á aula do traballador forestal do municipio Antonio Miranda, que recentemente creou a súa propia empresa.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



