Noutros tempos, a existencia na Mariña de grandes extensións de terreo dedicados ó cultivo da vide, é unha realidade histórica, verificada por numerosos documentos. Segundo o historiador e cronista oficial de Mondoñedo, Eduardo Lence Santar e Guitián, a causa da desaparición do viñedo por estes pagos, foi sen dúbida a filoxera e outras enfermidades que arrasaron o viñedo dos vales da rexión galega en época recente. A principios do século XX Lence escribía: “Hoxe a producción é nula por completo. Sen embargo, nos veciños vales de Lourenzá e Valadouro, e nalgunha aldea de Foz, vense fermosos parrais que producen, aínda sen coidado algún, uvas de aceptable calidade que se venden en mercados e feiras, empregándose algún en facer mosto de pésimas condicións por coller a uva en mala sazón”. Para refrendar a tese da existencia de viñedos na comarca, Lence Santar recorre a diversas testemuñas: segundo o Padre Flórez, recoñecido historiador, o Bispo Nuño II, cuxo pontificado durou de 1261 a 1286, fundou cinco procesións anuais. Para a súa dotación sinalou a metade da igrexa de Vilaronte, os bens que lle pertencían en Abadín e Reme, atopándose entre éstes fincas de viñedos. O Prelado don Alvaro de Isorna, natural de Foz, que gobernou a diocese de 1400 a 1415, deu orde para que os colleiteiros de viño, inmediatos a Mondoñedo, puidesen vendelo libremente no mesmo. No ano 1417, o Bispo don Gil Soutelo, fixo unhas ordenanzas beneficiosas para o pobo. Nelas mandábase que “as persoas beneficiadas da Santa Igrexa, e mais veciños do concello, poidan traer á cidade todo o viño que labraren das súas viñas”. Existen moitas outras testemuñas de cómo en tempos o cultivo da vide na zona era importante. Nunha acta do 15 de outubro de 1556, do concello de Mondoñedo, o Reximento e a Xustiza acordaron que “de alí en adiante o viño de Nois, Vilarmea e Vilaxoane, se venda a catro maravedises o cartal, así como o de San Martiño, Valadouro e Lourenzá” Por aquelas datas, de tan exuberante viñedo ¿A Mariña tería o mesmo clima de hoxe en día, ou será que o “cambio climático” é unha constante ó longo dos séculos?
Suso Fernández


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



