A A. C. Francisco Lanza celebra o Día das Letras Galegas cunha función a cargo dun dos monologuistas galegos máis importantes da actualidade: Celso F. Sanmartín traerá ao escenario do Teatro de Ribadeo “Contos que non falten”, onde se recrea o cotián desde a tenrura e a retranca. Será o xoves, 16 de maio, ás 21.00 h, no Teatro, e a entrada será gratuíta. Tamén ese día as librarías colaboradoras repartirán con cada exemplar en galego que se compre un caravel vermello e un marcapáxinas, que este ano homenaxea a figura do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Así mesmo a Agrupación convida a acudir o propio día 17 á manifestación que co lema NON QUEREMOS SER ESTRANXEIRAS NA PROPIA TERRA convoca en defensa do idioma a plataforma QUEREMOS GALEGO. Será ás 12.00 da mañá na alameda de Santiago de Compostela.
A A.C. Francisco Lanza e as Letras Galegas
A A.C. Francisco Lanza e as Letras Galegas
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura