Ribadeo, 21 de maio de 2013. Ribadeo acollerá os días 29 e 30 de xuño o VII Curso Temático sobre Educación Infantil da Mariña, que organizan a Universidade da Coruña, o Concello ribadense e o Centro Integrado de FP Porta da Auga. Son 125 as prazas que se ofertan. O prazo de matrícula rematará o 25 de xuño. O tema que se abordará nesta edición será Infancia e xogo: xogar para xogar, xogar para aprender. O programa inclúe relatorios, un obradoiro de construción de xoguetes e enredos con materiais da natureza, a proxección dunha película de Charles Chaplin e unha actuación musical.
A presentación do curso tivo lugar este mediodía no salón de plenos do Concello. Alí compareceron a directora do CIFP Porta da Auga, Beatriz Dobaño, o director do curso e profesor nese centro, Xesús Ferreiro, e a concelleira de Educación, Mariluz Álvarez Lastra.
A edil nacionalista sinalou que “é o sétimo ano consecutivo que xunto co Centro Integrado de Formación Profesional Porta de Auga, a través do seu ciclo superior de educación infantil, o único que temos na Mariña e o segundo da provincia de Lugo, colaboramos para poder levar a cabo este curso que está acreditado e avalado nos últimos anos pola Universidade da Coruña”.
Dito curso está dirixido a mestres/as graduados, diplomados/as e estudantes de maxisterio, técnicos/as en E.I. ou en Xardín de Infancia, alumnado do ciclo de Grao Superior en Educación Infantil, auxiliares coidadores/as de Escolas Infantís, persoal de SS SS.
O director do mesmo, Xesús Ferreiro, subliñou que “a matrícula se realizará única e exclusivamente na web da Universidade da Coruña: www.udc.es/occ. O prazo abriuse o 16 de maio e rematará o 25 de xuño. Hai dúas taxas, unha xeral de 50 euros e unha reducida de 30 euros para parados, xubilados, estudantes de FP e de bacharelato”.
A directora do CIFP Porta da Auga, Beatriz Dobaño, dixo que “con este curso lo que se pretende es complementar la oferta educativa que tenemos en nuestro centro. Esperamos que esta colaboración continúe”.
O 29 de xuño nos relatorios abordaranse cuestións coma a función e sentido do xogo e xoguete tradicional; os sons do xogo e os xogos do son; o xogo simbólico como necesidade de representar a realidade; e xogo e xénero, a mirada necesaria. A xornada rematará coa proxección didáctica da película The kid de Charles Chaplin. Será unha sesión de cine mudo con música en directo a cargo de Francisco José Rey Eibe ao piano.
Xa o 30 de xuño analizaranse aspectos como a experiencia da recuperación do patrimonio lúdico como referente educativo no CEIP A Capela, da Coruña; organizando a realidade: a heurística, a lóxica e a matemática na primeira infancia; e a educación infantil na Revista Galega de Educación. Ese día terá lugar un obradoiro de construción de xoguetes e enredos con materiais da natureza, que será impartido por José Manuel García Fernández, que é un investigador do xoguete tradicional. O curso rematará cunha actuación musical do grupo de percusión da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
O VII Curso Temático sobre Educación Infantil da Mariña desenvolverase no Cine Teatro de Ribadeo.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



