Unha vez que as competicións futbolísticas chegan ó seu fin, a SD Ribadeo organiza diversos eventos para os seus máis de 200 futbolistas. O próximo día 18 terá lugar no hotel Voar de Ribadeo a II Cea Gala, onde se entregarán os premios ós xogadores elixidos polos seus propios compañeiros en voto pechado. Ademais, nomearanse a 4 socios de honor, os cales foron elixidos pola xunta directiva pola súa vinculación ó deporte e os seus valores dentro do mesmo, premisa básica da formación da SD Ribadeo. Por outra banda, entregarase un premio e unha placa especial ó Ribadeo FC no seu 100 aniversario. No acto estará presentes persoas relevantes do mundo do deporte.
Cómpre sinalar tamén que a SD Ribadeo mantén aberto o prazo de inscrición dos seus torneos Alevín, os días 8-9 de xuño, e Benxamín-Prebenxamín, os días 1-2 de xuño. O torneo infantil que se disputará os días 15-16 xa se atopa pechado e no que intervirán os seguintes equipos:
– SD RIBADEO
– SESTAO RIVER
– BARRES CF
– CD SOFIA CASANOVA
– AA AVANCA
– CD LA MORENICA
– CD TROPEZON
– CD AMISTADSNIACE
– ATL. PERINES
– MONTAÑEROS CF
– REAL OVIEDO
– RC DEPORTIVO DE LA CORUÑA
Este próximo sábado os xogadores alevíns, benxamíns e prebenxamín, desprazaranse a Xixón invitados polo Real Sporting de Gijón a presenciar o seu partido de Liga. O club Sporting mantén moi boa relación coa SD Ribadeo e xa se interesou no seguimento de varios dos seus xogadores.
Tamén os seus porteiros, invitados pola Escuela de Porteros del Principado de Asturias, participarán nunha batalla de porteiros o próximo día 15 de xuño, así como a participación en torneos por distintos lugares de Galicia e Asturias.