Acompañados por dous profesores, 19 alumnos do Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) e do Programa de Diversificación Curricular (PDC) do IES Vilar Ponte de Viveiro, acudiron a Santiago de Compostela. Pola mañá pasearon polas Cubertas da Catedral nunha visita guiada que os levou polas orixes deste templo románico. A visita concluíu no interior da nave principal onde puideron ver o funcionamento do botafumeiro. Pola tarde, o grupo disfrutou dunha visita guiada polas instalacións da Cidade da Cultura de Galicia, como unha pequena toma de contacto co impresionante deseño arquitectónico do americano Peter Eisenman.
