O secretario xeral do PPdeLugo foi moi crítico co pacto acadado por PSOE, UDIVAL e BNG para impulsar unha moción de censura que arrebatará ao Partido Popular, a forza máis votada, o goberno local.
“Non é unha moción de censura, baseada nun pacto político, nun programa ou ideas alternativas, senón unha simple transacción económica, mercantil: quen rompa o pacto paga 100.000€”.
“É lamentable que unha persoa que aspira a liderar o PSOE a nivel autonómico (Besteiro) autorice este tipo de amaños. Si para eles un concello de 2.000 habitantes vale 100.000€ terían que aclarar si hai máis pactos deste tipo noutros bipartitos da provincia”.
O Valadouro, 24 de maio de 2013.- José Manuel Balseiro Orol foi hoxe moi crítico co pacto acadado por PSOE, UDIVAL e BNG para impulsar unha moción de censura que arrebatará ao PP, a forza máis votada polos veciños, o goberno local no Concello do Valadouro.
Balseiro dixo que PSOE e UDIVAL “poñen prezo á alcaldía do Valadouro” logo de verse na obriga de recoñecer que “chegaron a un pacto inédito na historia da democracia” polo que as dúas forzas que conformarán o futuro goberno municipal se comprometen a indemnizarse con 100.000 euros en caso da ruptura do pacto.
“Non é unha moción de censura, baseada nun acordo político, nun programa ou no interese veciñal, senón unha simple transacción mercantil, un amaño económico: quen rompa o pacto paga”-dixo Balseiro- quen emprazou aos asinantes a, unha vez recoñecido que asinaron un documento ante notario, fagan públicas cada unha das súas cláusulas.
O dirixente popular foi especialmente crítico cos responsables provincias de PSOE e BNG que, segundo dixo, participaron na negociación desta moción de censura. Dixo que deberán dar conta ante os veciños destas negociacións secretas. Balseiro dirixiuse de xeito directo a Jose Ramón Gómez Besteiro para asegurar que, “unha persoa que aspira a liderar o PSOE en Galicia permite este tipo de tretas”.
“Si para Besteiro e compañía a alcaldía dun concello de 2.000 habitantes vale 100.000 euros, canto será o custe pagado noutros bipartitos”- preguntou Balseiro- quen sospeita que esta non é unha práctica illada no Valadouro. “Unha vez que o PSOE provincial recoñece e autoriza isto, deben aclarar si hai máis pactos deste tipo pola provincia”.
O dirixente popular tamén dirixiuse ao BNG que, a pesar de ter dito que non quere integrarse no futuro goberno municipal, “por desconfianza nos seus integrantes” debe aclarar se tamén participou da sinatura dese pacto ante notario e se, unha vez coñecido os termos nos que se propón, “van a permitilo”.
Xa en clave local José Manuel Balseiro amosouse sorprendido porque o futuro bipartito naza desde a desconfianza e preguntou “que credibilidade poden ter ante os veciños uns señores que non se fían entre eles” en referencia a necesidade de abonar a indemnización en caso de ruptura do pacto. Dixo tamén que actuarán como un “matrimonio de conveniencia, dá igual como gobernen, ben o mal, teñen que seguir xuntos porque senón será a súa ruína”
Lembrou tamén que no Valadouro os veciños deron a maioría ao Partido Popular, á lista encabezada por Jose Manuel Lamela, “e polo tanto que este pacto de intereses so busca usurpar do goberno local a vontade dos cidadáns”. Significou que de levarse adiante a moción “a alternativa é un equipo de goberno máis débil, sen programa, sen ideas, sen iniciativas e moi probablemente un concello en negativo que se confrontará con Xunta e Goberno central, con todas as administracións nas que hoxe o PP ten responsabilidade de goberno”
Finalmente José Manuel Balseiro volveu a manifestar o seu apoio ao actual alcalde, o popular José Manuel Lamela de quen dixo ten o recoñecemento dos seus veciños, que saben que traballou co único interese de defender o mellor para o seu pobo, aínda en tempos de dificultade. Conta e contará co respaldo de todo o Partido Popular.
O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, fixo estas declaracións na rolda de prensa que ofreceu esta mañá en compañía do actual alcalde, Jose Manuel Lamela, da vicesecretaria provincial Elena Candia e do coordinador territorial pola Mariña, Jose María González Barcia.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



