Burela, 31 de maio de 2013. A Delegación Municipal de Medio Ambiente organiza unha mesa redonda titulada Burela, ¿labrega ou mariñeira? e na que se abordarán a tradición das hortas urbanas en Burela e as prácticas recomendables para un manexo ecolóxico dos cultivos. O acto será o vindeiro 6 de xuño, no Salón de Conferencias de Burela, na rúa do Correo. A actividade foi programa para celebrar o día mundial do medio ambiente.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, invita “a tódolos veciños/as a participar nesta mesa redonda e agradece de antemán a colaboración desinteresada dos ponentes da mesma: a doutora en Historia, Herminia Pernas Oroza, que introducirá a mesa cunha ponencia titulada Burela, onde o mar ficou sorprendido de ver tanto labradío mariñeiro; as veciñas Dolores Vispo Ben, Antonina Semedo Lopes e Mª José Rodríguez Pernas, que relatarán as súas experiencias no manexo dos cultivos na súas hortas e o agricultor ecolóxico, Edmundo Maseda, que disertará sobre o manexo ecolóxico dos cultivos”.
A edil popular sinalou que “únense nesta mesa a reflexión sobre a herdanza socio-cultural de Burela e a necesidade de promover actuacións que diminúan o impacto ambiental sobre a biodiversidade do chan, o consumo responsable de auga na produción hortícola, a sensibilización respecto da calidade dos produtos consumidos e a posta en valor dos produtos locais que xeran un menor impacto no medio ambiente”. E lembrou que “precisamente este ano o día mundial do Medio Ambiente ten por obxectivo reducilos desfeitos e as perdas de alimentos promovendo unha campaña cuxo lema é Pensa. Aliméntate. Aforra”.
Desde a Concellería de Medio Ambiente inciden en que “segundo a Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), cada ano desperdícianse 1,3 billóns de toneladas de comida. Ao mesmo tempo, unha de cada sete persoas do planeta vanse á cama famentas e máis de 20.000 nenos de menores de 5 anos morren de fame cada día”.
Patricia López Eijo subliña que “ata o de agora das 32 actividades inscritas, na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, a celebrar en España, Burela é o único representante de Galicia”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



