CADERNOS DA VIAXE. A dependencia do Goberno do Estado sempre lle xerou desgrazas á construción naval civil ferrolá. A salvaxe reconversión de Felipe González reduciu os empregados de Astano-Fene de 6500 a uns 1000, mentres priorizaba os estaleiros de Sestao e Puerto Real, a pesar de que Astano era o máis experto e eficiente. Pola súa banda, Aznar pactou sen decoro ningún a prohibición da construción naval civil até 2015 da factoria fenesa para garantir o saneamento da débeda de 1200 M€ de Navantia, xerada entre 1999 e 2004 pola ineficacia andaluza e cartaxenera, xa que Navantia-Fene estaba inactiva na altura .
Esta prohibición impediu a única iniciativa da Xunta (a do vixepresidente Anxo Quintana e do conselleiro Fernando Blanco no 2006) nestes trinta anos para lle dar carga de traballo aos activos ociosos de Navantia-Fene. Impediu que ésta puidese construir barcos,a pesar de se tratar dunha actividade na que estaba preparada para concorrer internacionalmente.
A suicida dependencia de Madrid neste eido non leva a ningures. Velaí a boa idea dos promotores da plataforma cidadá ferrolá “Rumbo 21”: compre segregarmos Navantia-Fene e artellala a xeito de empresa pública galega aberta á entrada de capital privado, no marco da consideración da construción naval como estratéxica para Galicia, que fixou a Lei galega de fomento do sector naval de 2010.
Mais esta independización da empresa non garante soa o éxito no relanzamento da construción naval en Ferrol, que require da continuidade da acción cidadá do cadro de persoal de Navantia-Fene e dos axentes sociais de Ferrolterra canda as Administracións Públicas para a construción do dique flotante e a inmediata fixación dun marco xurídico-financeiro (“tax-lease) viábel.
A ARRINCADEIRA: Unha nova política portuaria
Os pobres resultados acadados do grandisimo investimento feito no peirao exterior coruñés poñen o foco na falla de eficacia e profesionalidade dos seus dirixentes politicos. Compre rendibilizar este investimento no contexto da apertura inminente da Canle de Panamá, porque Galicia é central no transito maritimo entre América e Europa. Mais precisa asumir a xestion duns portos que España non sabe xestionar e, no caso da Coruña e Ferrol, fusionar a sua administración nunha Autoridade conxunta.
Xoán Antón Pérez Lema


















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



