24 de maio de 2013. Colectivos ecoloxistas e sociais integrados na Plataforma Galega contra a Incineración e pola reciclaxe, vimos de presentar, apoiados pola parlamentaria Ana Miranda do grupo Verdes-ALE, unha denuncia contra a Xunta diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo pola nefasta política de resduos que practica en Galiza, incumprindo sistemáticamente 3 Directivas europeas (de Vertido, de Envases e Marco de residuos). Logo de que o PP rexeitara admitir a trámite a ILP da reciclaxe, pechando a porta a modificar o Plano de Residuos para abandonar a incineración de SOGAMA, e renunciara ao cumprir dos requerimentos da lexislación europea, as organizacións comprometidas coa reciclaxe e promotoras da ILP non temos máis remedio que acudir a Europa para que sancione á Xunta e a obrigue a modificar a súa políitica de residuos. Nin un euro de cartos públicos para a incineración!!
En vista de que a Xunta persiste en defender a incineración e o vertido de SOGAMA como opción prioritaria para o tratamento dos residuos, subvertindo a xerarquía de tratamento e incumprindo nada menos que 3 Directivas (de Vertido, de Envases e Marco de Residuos), as organizacións integradas na Plataforma galega contra a Incineración pedimos, na nosa denuncia á Comisión e ao Parlamento Europeo que aestas institucións:
-Avalíen negativamente o vixente PXRUG 2010-2020 (Plano de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza)por non ser conforme a xerarquía de residuos (Artigo 4 da Directiva 2008/98/CE), ao principio do poluidor-pagador (Artigo 14), e á promoción de medidas de prevención e preparación para reutilización e a reciclaxe (Artigos 9 e 11).
-Cualifiquen as instalacións de SOGAMA (pretratamento, elaboración de combustíbel e incineración) como instalacións de eliminación e non de valorización, tendo en conta que a eficiencia enerxética está no rango de 0,25 a 0,32, por tanto moi inferior ao valor mínimo de 0,6 establecido pola Directiva 2008/98/CE (Anexo II, R1).
-Rexeiten a unha nova planta incineradora e a notificación de que no ámbito de Galiza o cumprimento dos obxectivos de xestión da normativa europea requiren incrementar a prevención, a reutilización e a reciclaxe e reducir a incineración e o vertido (Artigos 11 da Directiva 2008/98/CE e Artigo 6 da Directiva 2004/12/CE).
-Rexeiten calquera financiamento de medidas, actuacións ou instalacións relativas á xestión de residuos que non se correspondan estritamente aos obxectivos de prevención e preparación para a reutilización e a reciclaxe.
-Adopten medidas sancionadoras para a Xunta de Galiza polas actuacións en materias de residuos nos últimos anos desde a entrada en vigor das Directiva 94/62/CE, Directiva 1999/31/CE, Directiva 2004/12/CE e Directiva 2008/98/CE contrarias aos obxectivos establecidos nestas directivas e polo uso de fondos comunitarios para financiar a eliminación de residuos.
-Esixan á Xunta revisar o modelo centralizado de xestión dos residuos en Galiza, habida conta da ineficiencia do programas de recollida selectiva no ámbito SOGAMA, en particular do programa de recollida de residuos de envases, que presenta unha moi baixa eficiencia (7,4% de recuperación en 2011) e un moi elevado custo económico e consumo enerxético (de máis de 132 kg de gasóleo por t de residuos de envase recuperados, só na recollida e transporte). Reclámase a aplicación da análise do ciclo de vida prevista no Artigo 4, punto 2, da Directiva 2008/98/CE.
Non pode ser posíbel que mentres millóns de cidadáns e cidadás europeas acadan nos seus concellos, rexións ou países cifras de reciclado próximas ao 80%, en Galiza apenas cheguemos ao 10% de reciclaxe debido ás políticas do PP e ao seu modelo SOGAMA.
A pregunta é: Se o PP teima en incumprir a lexislación e segue a apostar por modelos, como o sistema SOGAMA, ruinosos para as arcas públicas e perigosos para o ambiente e a saúde, quen se beneficia desta situación?


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



