O campo de terra de Marrozos converteuse o pasado domingo 26 nun fervedoiro humano de palanadores de tódolos recunchos dispostos a loitar polos títulos nacionais.
Contra as once da mañá foron aparecendo os mais madrugadores que axiña comenzaron a prepararse e probalo terreo de xogo. Feitos os sorteos deu comezo a xornada ca disputa do play off feminino, onde se agardaba ver o rendemento da revelación da tempada, Begoña, aínda que a favorita era Geni polo gran momento de forma que atravesa a palanadora de Os Outros.
A sorpresa saltou en semifinais. Chefa sorprendeu á ex-campioa nacional e plantouse na final contra Reyes que na outra semifinal impuxo a súa clase ante a potencia da debutante Begoña.
Finalísima a tres carreiras que comenzou gañando Chefa, pero a experiencia da pequena gran palandaora de Os Outros acabou ca resistencia da de Bueu e gañando as dúas carreiras seguintes fíxose por segunda vez co entorchado nacional.
A continuación deu comezo a final por equipos onde Corredoiras, Billardeiros Musicais e Gharaboto partían como favoritos. Os xogadores distribuídos en oito grupos disputaron tres carreiras. O suma de puntos obtida por cada palanador deu como gañador o Furabolos con 50 puntos seguidos de Billardeiros Musicais con 49 puntos e Corredoiras tamén con 49 puntos, o que dá idea da igualdade existente entre os distintos equipos.
Rematada a xornada de mañá, xusto e necesario repor forzas para a tarde polo que se deu paso a unha comida de irmandade, e como non, momentos de relax co xa tradicional concurso de tortillas.
De volta á competición comenzouse polos tiros directos ou varados. Dúas quendas de cinco lanzamentos contra o varal por palanador. Ginés acertou a primeira metendo presión ao resto de competidores. Tiros moi axuntados se sucederon pero a maioría quedaban cortos. Ninguén foi quen de traspasar a liña de varal. Xa nos derradeiros lanzamentos Ginés recuncou e reafirmouse como campión.
Chegouse ó momento mais agardado por todos, a disputa do Campionato individual. En oito grupos repartíronse sesenta e cinco finalistas, os doce mellores de cada conferencia máis os cinco chegados dende Andalucía, e de cada un destes grupos pasarían á rolda seguinte os catro mellores facendo logo enfrontamentos directos ata chegar a un campión: “O Coroceiro Nacional”. Impresionante o nivel da maioría dos palanadores. As carreiras foron moi igualadas e o mínimo erro pagouse ca eliminación, así foron caendo Carolo, Charli, Outeiro, Iván, Chupi, Markytos…., ata chegar a semifinais onde estaban, por un lado, Xan Rodiño e Ginés e, polo outro, Chicho e Daniel.
Na primeira semifinal o trunfo foi para Ginés, que logo de ser campión por equipos e gañar tamén en varados, presentaba candidatura para Coroceiro e facer así triplete.
Na segunda foi Daniel quen se gañou o dereito a disputala finalísima, sen darlle a mínima opción a Chicho.
Máxima expectación. Dous palanadores históricos da LNB que voltaban a verse as caras logo de terse enfrontado en múltiples ocasións e con resultados moi parellos.
Os acertados golpes de Daniel, eran correspondidos por outros semellantes de Ginés sendo as dúas primeiras carreiras de absoluta igualdade. De seguir así habería que recorrer a morte súbita dun só golpe, pero non foi necesario. Na terceira carreira saíu Daniel e colocou a billarda moi preto do varal. Ginés correspondeu cun bo golpe lixeiramente máis corto. De seguindo, Daniel embocou con seguridade e contundencia e Ginés errou deixando a billarda a carón da liña de meta. O Billardeiro Musical convertíase en novo Coroceiro Nacional 2013.
Tódolos vencedores recibiron os trofeos correspondentes; momentazo emocionante cando Daniel recibiu das mans do seu propio fillo e bicampión, Markytos, o trofeo de Campión Nacional.
Un novo éxito billardeiro que confirma que vamos polo bo camiño. Estamos a medrar en cada competición tanto en número como en calidade.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
