A capacidade de asombro, tan propia da inocencia, á que estamos abocados si atendemos a os espectáculos parlamentarios de cada día, sexa nos concellos, diputacions, xunta ou estado, non parece ter fin. Realmente, si a devandita capacidade tivese límites, estariamos ante o temido vómito social.
O Sr. Rajoy exhibe o argumento da autoridade moral para usalo como varapao contra o Sr. Pérez Rubalcaba. Dáme o ataque de risa por non chorar cada dia que esta xentiña repite incansablemente aquello de “tu mais”
A defensa esgrimida polo Sr. Rajoy é o famoso “Ti máis”, evidente desconsuelo para os que aspiramos a ver a un político dando a cara, argumentando unha defensa contundente. Pero é evidente que a intelixencia oculta que ten este presidente baleiróuselle nas oposicions ao rexistro da propiedade.
Daquel punto de inflexión na súa vida, e as sucesivas migracions a registros rianxeiros, pirenaicos e finalmente levantinos, nace a súa conformidad coa mediocridad.
Os petos cheos,- aínda que repita que perdeu ingresos dinerarios dedicándose á política-, o notable incremento do seu patrimonio, e o desdén con que se manifesta ante os españois non xustificarían unha intelectualidad que se lle podería supoñer.
Decir adornado con flores aos que hoxe non teñen para comer, Sr. Rajoy “….. onde dixen digo, digo Diego ….”..
As entrevistas que lle fan “ad hoc” realizadas por medios non españois, e nas que confesa sentirse a gusto, non son máis que bofetons sen mans a calquera de nos español. Pois estamos guapos que teñamos que mercar “os papeis” do mundo adiante para saber o que quere facer vostede con as nosas miserias..
O Sr. Presidente intenta dar unha imaxe de seguridade, adiantando os brazos ao camiñar, en xestos que me recordan aos soldados que desfilaban “a piñón fixo”.Pero nada máis lonxe da realidade. É un preclaro exemplo de inseguridade, de tibieza hipócrita, cando manifesta que sabe perfectamente que non cumpriu co seu programa electoral pero que cumpre co seu deber. A este proceder chámaselle por a miña terra “CARA DURA” de dura, de hormigón, facies pétrea, en latin de seminarista de Mondoñedo.
Acompáñalle neste baile de antroido a destempo o ministro Sr. Montoro, líder experto en bailar sevillanas, dando voltas incesantes para quedarse cravado na figura torera do paseíllo, coa taleguilla ben chea e o brazo esquerdo oculto pola capa. A capa mesma con que nos cortaron os caprichos do pracer aos españois. Non é, ao que se ve, exclusivo comportamento do presidente, senón de todos os membros deste goberno.
Según a miña humilde opinión, autoridade moral non ten vostede Sr. Presidente nin recentemente recibidas as puras augas bautismales. Vostede pide aos españois sacrificios salariales mentres engorda os seus emolumentos, apértanos con reformas fiscais á vez que as súas correligionarios sacian as súas ambicións dinerarias desmedidas transportandoas a Suiza ou a calquera outros lugar, preferentemente paraísos fiscais. Asi que cambie que si non os tempos vanno chimpar fora do palacete da Moncloa, tempo o tempo, pois a xente de arreo estalle moi cabreada, deria, mais ainda que un servidor, que xa ten o cabreo na coronilla do testuzo, que din os mal pensados heredie de meu tatarabo o cura de Castro de Ouro.
A. Otero Regal






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



