Foz, 23 de maio de 2013.- A pista polideportiva do Campo da Cabana vai acoller o domingo 26 de maio a partir das catro da tarde a terceira edición da “Festa da Lingua” que o BNG de Foz celebra arredor do “Día das Letras Galegas” e que responde a vontade de manter e recuperar novos espazos para o noso idioma. O portavoz do BNG en Foz, Xoán Carlos González Basanta, destacou que “o noso idioma está a vivir un momento limite, no que se xoga a súa propia existencia como lingua de relación e comunicación entre os galegos e galegas, feito que nos obriga a manter unha posición máis belixerante e ao mesmo tempo máis persuasiva posto que nos xogamos o que fomos, somos e sobre todo querer seguir a ser” .
O programa de actividades da xornada que se prolongará desde as catro da tarde ao longo da xornada do domingo centrarase en actividades lúdicas, festivas e culturais para os nenos e nenas tomando o idioma como nexo de unión entre elas. Así a pista do Campo da Cabana acollera xogos tradicionais, papiroflexia, globoflexia, xogos de rol e actividades campamento. Xunto a estas actividades desenvolverase unha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure, musica infantil en galego e tamén estará a disposición de todos os nenos e nenas que acudan un xogo de colchonetas para o seu uso toda a tarde. Finalmente, farase un agasallo a todas as nenas e nenos asistentes dun libro de contos en galego, atendendo a idade do cativo ou cativa.
“Non é casual que centremos a festa da lingua nos máis pequenos” afirmou Basanta quen indicou que “ é precisamente neste sector de idade onde idioma presenta un retroceso máis evidente e onde o galego, mesmo en áreas galegofalantes como A Mariña, non ocupa un papel hexemónico como consecuencia fundamentalmente do papel que xoga o ensino e particularmente os medios de comunicacións de masas. Non existe unha oferta de ocio e cultural en galego que permita que as nosas nenas e os nosos nenos poidan desenvolver na lingua que lles é propia as súas capacidades polo que son necesarios actividades como estas que permitan aos máis novos socializarse á marxe da oferta hexemónica”.
Basanta quixo facer un chamado “para que os pais e nais focegos e da Mariña se sumen a esta xornada lúdica convidándoos a acudir o domingo pola tarde ao Campo da Cabana desde a consideración que son tamén necesarias novas formas de ocio para os nenos que lles permita socializarse en contacto con outros nenos e non exclusivamente a través das canles que poidan abrir as novas tecnoloxías e os medios audiovisuais. É necesario recuperar espazos para o xogo, que o xogo sexa en contacto con outros nenos, que os nenos e nenas se relacionen entre si a fin de que non rematen as formas tradicionais de relación”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



