Lugo, 28 de maio de 2013. A empresa Alimentos Lácteos (AALL) presentou recentemente nos Xulgados de Lugo o concurso de acredores. Deste xeito vense a confirmar o que FRUGA ven denunciando desde fai anos: o proxecto de AALL obedece a intereses partidistas do Partido Popular e non a intereses empresariais.
Cando en 2009 Pascual se desfacía da planta de Outeiro de Rei e comezaba a planificación dun proxecto integrado por 23 cooperativas galegas, algunha delas con experiencia na comercialización de leite, e que debía culminar na creación do tan necesario Grupo Lácteo Galego, entrou en escena Romay Beccaría, sucesor no cargo de Bárcenas como tesoureiro do PP, dinamitando o proxecto cando estaba practicamente pechado.
Nese momento, vetouse a entrada á maioría das cooperativas deixándose ao mando a dúas persoas que tiñan cargos públicos da man do PP e que dirixían as cooperativas de Gancobre e A Arzuana, e que presuntamente obedecerían as directrices que desde a rúa Xénova lles ditaban; así foi como se constituíu a empresa Alimentos Lácteos. O comportamento do PP no que era unha nova oportunidade para a creación do Grupo Lácteo Galego foi en todo momento enganoso e fraudulento.
O regueiro que AALL deixa tras de si non pode ser máis negro: 15 millón de euros de débedas recoñecidas, unha estratexia de posicionamento no mercado con prezos á baixa que axudou á baixada do prezo do leite ao sector, perto de 1000 produtores/as aos que se lles adebeda o leite de varios meses, 9 millóns de euros de cartos públicos fundidos e preto de 100 de traballadores da planta de envasado sen emprego e varias cooperativas nunha situación moi complicada.
Todo isto aconteceu desde o máis absoluto escurantismo, con millóns de euros que non se saben a onde foron parar e sen que a Xunta de Galiza exercera como tal e pedise contas a unha empresa que está participada pola propia administración galega.
Desde FRUGA exiximos primeiramente que se pague aos produtores/as os cartos que se lles adebedan e que continúe o proxecto. Tamén demandamos responsabilidades políticas, e penais de habelas, así como reparación dos danos producidos ao cooperativismo e aos intereses públicos de Galiza. Do mesmo xeito reclamamos que se realice unha auditoría que aclare as contas de AALL e a onde foron eses 9 millóns que recibiron.
Os responsábeis da situación actual son cargos de máxima responsabilidade, e son eles os que teñen que responder. Non deben saír impunes, namentres que os principais prexudicados, labregos e traballadores son enganados unha e outra vez, ou acaso pensan que non nos lembramos do plan de viabilidade para a retomar o envasado de leite tantas veces prometido?
Desde FRUGA éntrannos arrepíos ante as noticias que saen á luz ultimamente, a crise do naval galego coa venda de Barreras á cabeza, imputacións de directivos de Pescanova, o desmantelamentos das Caixas galegas e agora a quebra de AALL confirman o fracaso da política económica e industrial do PP. Tamén a inquedanza é máxima despois de ver a falta de transparencia de industrias galegas ligadas ao PP despois de recibir moreas de cartos públicos unido ás acusacións de pagos aos líderes do PP en diñeiro negro despois de ter recibido o partido “donacións” de empresas.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



