Gabriel Galante Briones, do club de Tiro con Arco Castelarco, revalida o título de Campión de España na categoría de menores de 14 anos na modalidade de arco recurvo durante a XXV edición do Campionato.
O campionato iniciábase o sábado cos raunds clasificatorios, onde a xornada se caracterizou polo forte vento reinante que fixo estragos nas puntuacións dos arqueiros baixando a media das súas puntuacións; pero, aínda así, Gabriel situábase segundo tras finalizar o primeiro encontro a 50 metros por detrás do madrileño Javier García Caumel, cunha puntuación de 240.
Tralo descanso iniciábase o segundo encontro a 30 metros. Se ben nesta ocasión Gabriel se foi impoñendo dende o principio sobrepoñéndose ao vento que o empurraba constantemente, remata o mariñán remata o encontro 1º na clasificatoria tras obter 303 puntos. Sumaba, entón, un total de 543 puntos; e por detrás del, situábanse o representante valenciano David Bodi Montava con 511 puntos, o representante asturiano Eduardo Muñoz Suarez con 509 puntos e o madrileño Javier García Caumel con 506 puntos. Situándose primeiro, obtén o pase directo a oitavos de final que se disputaron este domingo.
As tiradas de quecemento arrincaron o domingo moi cedo co respiro de Eolo que deixaba unha lixeira brise que se mantivo durante toda a xornada. Nada que ver co visto o sábado, a diferenza notouse nas puntuacións.
Gabriel inicia a súa primeira eliminatoria ante o representante navarro Jorge Castano. Polo sistema de sets, o primeiro en obter os 6 puntos gaña (tirada gañada por suma de puntuacións da 2 puntos e empate en puntuación, 1 punto para cada arqueiro). Gabriel inicia a súa actuación avantaxando ao navarro poñéndose 4-0. No terceiro set unha serie de soltas mal realizadas fan que perda o set e o navarro logra os seus 2 primeiros punto. Cun 4-2, Gabriel pónse as pilas e logra unha agrupación perfecta coas súas tres frechas: dos 10 e un 9 dánlle a vitoria.
En cuartos de final, medirase contra Ken Sanchez Antoku da federación madrileña. Inician o set e empatan 1-1. O segundo e terceiro set son para Gabriel que non lle da respiro ó seu contrincante, poñéndose xa en 5-1. O empate o a vitoria no seguinte set é suficiente para apear ó madrileño. Iníciase o cuarto set, pero Ken está máis fino nesta ocasión e gaña o set 5-3. O madrileño estaba a punto de remontar e sabe que se gaña terán que ir á frecha de desempate (a máis cercana ó centro daría a vitoria a un ou outro), pero non é así. Gabriel máis centrado que nunca fai unha tirada aplastante estrelando as súas frechas na zona amarela, mentres que o madrileño máis presionado comete erros que lle apean da competición.
Xa en semifinais enfróntase a Javier García Caumel da federación madrileña , arqueiro a ter en conta xa que pisou o podio en varias ocasións. Inician a competición cos dous arqueiros moi certeiros; pero Gabriel coloca unha das súas saetas no 10 e toma a vantaxe por 2-0. No segundo set, ó igual que no primeiro, as frechas son moi certeiras, non saíndo nin un nin outro da zona amarela e empatan colocando o marcador a 3-1 a favor de Gabriel. As seguintes entradas son igual de emocionantes. Ambos arqueiros demostran que teñen unha calidade impresionante de tiro, pero Gabriel sempre raspa un pouco máis de puntuación. Ó estar máis preto do 10 pono por riba de Javier, gañando os sets seguintes tan so por un punto finalizando 7-1.
E, xa na final, Gabriel enfróntase contra o asturiano Eduardo Muñoz, un vello coñecido do arqueiro mariñán; xa que en Olite, no Campionato de sala tamén se enfrontaron tendo que ir á frecha de desempate para dilucidar ó vencedor.
Gabriel logra vantaxe ao inicio do set gañando 2-0. O segundo set empatan e ponse 3-1 a favor de Gabriel. Unha serie boa de tirada de Gabriel pono por diante no terceiro set por 5-1. No cuarto set, ambos arqueiros tiran as súas frechas ao 10 e na segunda Eduardo lograr situala no 9 coa mesma resposta de Gabriel. Na última frecha, se falla Gabriel, Eduardo poderá remontar. Eduardo tira primeiro e logra unha frecha moi certeira no 10. Cos aplausos da comitiva asturiana, Gabriel apunta; pero baixa inmediatamente o arco ante unha racha de brisa. A falta de 30 segundos para o final, Gabriel respira para tranquilizarse e inicia o tiro situando lentamente os eu arco repetindo os pasos que fixera at ao momento. Finalmente, logra situar a súa última frecha no 10. Así, logra o empate na puntuación e con el obtén o título de Campión de España revalidando o seu título.
Campionato Mixto
En compañía de Cristina Castro Barcala, do Club Sílex, das Pontes, disputaron o encontro por equipos mixto sonde conseguiron a terceira plaza ó perder contra o combinado madrileño por 137 a 129.
Cadetes
Gabriel despídese da categoría, revalidando o seu título de Campión de España. O vindeiro ano competirá en cadetes, polo que a distancia se amplía ós 60 metros, aumentando a dificultade; pero dende o club, agardan sorpresas.