Burela, 13 maio de 2013. A Xunta legalizou a pista de pádel da Marosa, segundo acaba de anunciar o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, que indicou que o seu equipo está a solucionar problemas derivados da época do bipartito.
O rexedor sinalou que “o venres chegou ao Concello de Burela un escrito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no que por fin se legaliza a instalación da pista de pádel no recinto deportivo da Marosa”. González Barcia lembrou que “cando chegamos ao Concello atopámonos con que esta pista de pádel, que estaba construída con fondos da Deputación Provincial de Lugo, estaba sen legalizar porque foi feita dunha maneira un tanto anómala. A pista no seu momento era ilegal porque estaba feita sen a pertinente e obrigatoria autorización da Xunta de Galicia”.
O equipo de goberno retomou entón o expediente “e a base de ter xuntanzas con distintos responsables da Xunta e con funcionarios da mesa conseguimos pechar o expedente e proceder á súa legalización”, seguiu a relatar o alcalde de Burela.
José Mª González Barcia dixo que “a partires de agora a pista de pádel non ten ningún tipo de inconveniente e isto hai que explicarllo á xente porque as cousas non se fan así. Quen cometeu a enorme irresponsabilidade e a ilegalidade de construír unha instalación nunha zona de dominio público de costas sen ter a perceptiva autorización da Xunta debería dar as súas pertinentes explicacións”. O rexedor subliña que “se non chegamos a pechar un expediente de forma correcta coa Xunta de Galicia e sempre buscando puntos de acordo con eles esta pista quedaría nunha situación un tanto anómala”.
“Para nós non deixa de ser un traballo engadido que teñamos que estar pechando flecos da etapa anterior, dous anos despois, porque nos atopamos con este problema cando chegados ao Concello e a verdade é que pensabamos que esta obra tiña todas as bendicións habidas e por haber, pero non era así. Algunha cousa máis queda por aí pendente de pechar, pero nós que deberíamos estar dedicando o tempo a solucionar outros problemas resulta que estamos a solucionar problemas derivados da etapa do bipartito”, manifestou o alcalde.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



