O pavillón municipal e a aula de formación de Xove acollerán o vindeiro sábado 8 de xuño as primeiras Xornadas Formativas para Adestradores de fútbol sala organizadas pola SD Xove FS coa colaboración do Viveiro FSF e o Concello de Xove.
A xornada consistirá nunha serie de ponencias teórico-prácticas “de gran interese para todos os amantes deste deporte, xa non so porque este tipo de actividades non son habituais nesta zona, senón tamén pola calidade dos poñentes que acudirán a realizalas ós que lles agradecemos a súa asistencia”, manifestan dende a organización.
A cota de inscrición será de 35 euros para o público en xeral e de 30 euros para os socios do Xove, aínda que haberá descontos para grupos. O teléfono de contacto é o 671 096 609.
Ponencias
As ponencias serán teórico-prácticas, e ó seu remate, farase entrega dun DVD coas mesmas a todos os participantes.
– “A defensa do 1×2 e do 3×2 na base” por Diego Rios, adestrador do Azkar Lugo de División de Honra.
– “Característics singulares e diferenciadoras na preparación de equipos femininos” por Alfonso Mera, preparador físico do Burela Pescados Rubén e do Burela FSF.
– “Planificación dunha semana de Scouting”, por Gonzalo Iglesias, 2º adestrador do Azkar Lugo.
– “Consideracións teórico-prácticas do adestramento de porteiros”, por Eduardo Lago, adestrador do Viveiro FSF, e Daniel Díaz, coordinador esc. FS da ACD Xove.
Máis información en www.xovefs.es.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
