O VI Encontro Chilindrín é un encontro interxeracional da xente de Celeiro de diversas idades que se xuntan para intercambiar vivencias e disfrutar conxuntamente nunha cea no Restaurante Louzao de Area e que comezará mañá sábado 18 de maio ás 22 horas.
A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín, informa ademais, de que o vindeiro luns 20 de maio, remata o prazo para presentar os carteis para o concurso da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, tanto na categoría infantil como na absoluta.
Así mesmo, a asociación, levará a cabo un ano máis a organización das FESTAS PATRONAIS E DO MAR DE CELEIRO 2013, que se celebrarán en Celeiro no mes de xullo, e que se desenvolverán nos seguintes días:
Sábado 20 de Xullo: XVI FESTA DA MERLUZA DO PINCHO DE CELEIRO
Mércores 24 de Xullo: VIII FESTIVAL ARREAOCABO
Xoves 25 de Xullo: Día de Santiago Apóstolo.
Venres 26 de Xullo: Día de Santa Ana.
Sábado 27 de Xullo: Procesión de baixada da Virxe do Carme ata o Porto.
Domingo 28 de Xullo: Día do Carme. Procesión Marítima
Luns 29 de Xullo: Día dedicado ás nenas e nenos.
As Festas de Celeiro, contarán coas actividades habituais, nun extenso programa de actividades que será presentado no vindeiro mes de xuño, e contará coas actividades habituais, de música na rúa, partido solteiros contra casados, xogos na praia, regata de Bateis, e moito máis.