Este sábado, día 4 de maio, a Comisión focega en Defensa da Sanidade Pública volve a convocar aos veciños como todos os primeiros sábados de mes desde hai oito anos para reclamar as 24 horas no centro de saúde e para expresar a súa oposición “aos recortes e á privatización da sanidade pública que están levando a cabo os gobernos da Xunta e do Estado”. A comisión recorda aos veciños que a súa mobilización constante ao longo deste tempo conseguiu importantes melloras na atención sanitaria do concello, como as urxencias polas tardes, as consultas de pediatría e odontoloxía e o servizo de fisioterapia. Por outra banda, a comisión apoia a demanda da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña dunha área de xestión integrada para a comarca.
Nova manifestación en Foz