O festival que organizan de maneira conxunta o grupo de música tradicional Tumba e Dálle e o Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, conxugará distintas actividades ao longo de toda a xornada, como un roteiro e un descenso polo río, feira de artesanía e actividades para os máis pequenos
Sete grupos encargaránse da animación musical durante todo o día: Airiños da Freba e Noelia Fersán á hora do xantar, Cé Orquestra Pantasma pola tarde, o grupo de cantos de taberna do Porriño de Mondoñedo á hora da cea e Leña Verde, Carapaus e Zurrumalla pola noite
Barreiros, 21 de Maio de 2013. O mes de xuño xa conta cunha cita de referencia para a Mariña e arredores, e para todas aquelas persoas que gustan da música tradicional galega: o festival “Ao Son do Masma”. O vindeiro 8 de xuño terá lugar a II edición deste festival nacido para crear un espazo para a música folk e tradicional na contorna mariñá, á vez que ser un xeito de dar a coñecer o valor paisaxístico en torno ao río Masma.
Tras o éxito acadado na súa primeira edición, o grupo Tumba e Dálle e o Colectivo Cultural Ollomao, xuntaron esforzos para presentar por segundo ano consecutivo unha nova cita deste festival que xurdiu con carácter de continuidade e aspira a converterse nun referente do norte lucense. Para Xoán Manuel Díaz Branco, compoñente de Tumba e Dálle, “a boa acollida da primeira edición do Ao Son do Masma compensou gratamente todo o esforzo e ilusión que se volcaron na súa posta en marcha. O público asistente, chegado dende todos os puntos da xeografía galega e tamén asturiana, demostrou estar agradecido por poder contar cun espazo de tales características na nosa zona e ante tal resposta, non cabía dúbida de que estábamos ante un acerto ao poñer en marcha esta iniciativa”.
Roteiro e descenso polo río
Con esta motivación, a organización ideou para esta segunda edición un novo programa cheo de actividades durante todo o día. Ao igual que na pasada ocasión, a xornada comezará ás 10 da mañá coa saída dun roteiro guiado polo carón do río. Tal e como explican dende o Colectivo Cultural Ollomao, “esta iniciativa xurdiu coma un punto e seguido a unha serie de actividades levadas a cabo polo colectivo e centradas en dignificar o Río Masma como paisaxe e recurso desaproveitados, e coma unha oportunidade para dar a coñecer este espazo nunha cita que, máis alá da simple festa pola festa, ten o amplo obxectivo da posta en valor e recoñecemento da cultura, xeografía e tradicións que nos son propias”.
Continuando coas actividades, arredor das 12 do mediodía terá lugar a apertura de postos de artesanía, productos da terra e instrumentos musicais, que permanecerán abertos durante toda a xornada. E na hora do xantar, a organización poñerá a disposición das persoas asistentes racións e bebidas a prezos populares, recadación destinada a facer fronte aos gastos derivados do festival. De novo, como aposta polos grupos de recente creación misturando cartel con outros de máis recoñecido prestixio que se darán cita pola noite, a sesión de mañá estará amenizada polos grupos Airiños da Freba, e Noelia Fersán.
Xogos tradicionais
A xornada está pensada para chegar a un público obxectivo de distintas idades, é por iso que durante toda a tarde haberá un obradoiro de xogos tradicionais que traerá aos nosos días antigas formas de entretemento, e terá lugar a actuación de Cé Orquestra Pantasma, tanto para maiores como para nenas e nenos cun pase especial. Nesta segunda edición inclúese como novidade a baixada do Río Masma. Terá lugar ás 6 da tarde e cada persoa participante deberá ir provista do aparello que considere axeitado para facer o descenso, serán premiadas tanto aquela primeira en chegar ao punto sinalado como final, como aquela que utilice a “embarcación” máis orixinal.
Xa ao serán, e tamén por primeira vez este ano, o grupo de Cantos de Taberna do Porriño de Mondoñedo estará amenizando a cea e animando o ambiente previo ao prato forte do festival: a apertura de concertos. Esta terá lugar ás 23 horas, e nesta segunda edición daranse cita os grupos Leña Verde, do concello chairego de Pol; Carapaus, que presentará “Conservas de música tradicional”, seu primeiro disco no mercado; e pechando cartel, Zurrumalla, recoñecido grupo dentro do panorama musical galego.
Haberá comida e zona de acampada
A organización do festival pon a disposición das persoas asistentes unha zona de acampada, habilitada para que as persoas que o desexen poidan pasar a noite e desfrutar do II Ao Son do Masma sen preocupacións. As asociacións organizadoras amósanse moi ilusionadas con esta actividade e animan a asistir durante todo o día para poder tomar parte de todas as actividades programadas.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



