Burela, 30 de maio de 2013. O Burela Fútbol Sala ofreceralle a Copa de España á Virxe do Carme. O acto terá lugar ao inicio da misa que se celebrará o sábado na igrexa parroquial. Xogadoras e corpo técnico acompañarán á Virxe do Carme na súa procesión ata o peirao, segundo anunciaban este mediodía en rolda de prensa o alcalde, José Mª González Barcia, a comisión de festas e o propio club.
O rexedor relatou que “o Burela Fútbol Sala Feminino vaille ofrecer a Copa de España acadada o pasado domingo en Bilbao á Virxe do Carme aproveitando as festas patronais que Burela vive de forma intensa e que de maneira máis intensa aínda vivirá durante esta fin de semana. O acto vai ter lugar ao inicio da misa que se vai celebrar este sábado na igrexa parroquial e está previsto que tanto as xogadoras coma o corpo técnico acompañen á Virxe do Carme na súa procesión ata o peirao”.
Para González Barcia “isto ten un enorme significado e eu valoro de forma moi positiva que o equipo feminino do Burela Fútbol Sala lle faga esta ofrenda á Virxe por unha razón fundamental, porque a Virxe é a patroa de tódolos cidadáns deste concello. Eu entendo que é unha boa forma de que a través desta ofrenda haxa unha vinculación máis estreita aínda entre o equipo feminino do Burela Fútbol Sala e o pobo de Burela”. E amosouse convencido “de que estou expresando o sentir maioritario dos veciños e veciñas do noso concello, que un dos acontecementos máis importantes que temos vivido non soamente no ámbito deportivo senón no ámbito social polo que ten de repercusión mediática e de enxalzamento e de darlle pulo ao nome de Burela é que o equipo do Burela Fútbol Sala Feminino teña acadado a liga da División de Honra e a Copa de España na súa máxima categoría”.
O alcalde de Burela valora de forma moi positiva “o xesto que teñen as xogadoras, que ten o club, de facer esta ofrenda á Virxe do Carme deste éxito, que foi conseguido grazas á aplicación práctica dos valores do esforzo, do traballo individual e en equipo, do respecto mutuo, etcétera. Son valores que tanto identifican tamén ao pobo de Burela. Moitas grazas ao Burela Fútbol Sala Feminino no nome de tódolos veciños do noso concello. E nese sentido hoxe na sesión ordinaria do pleno que se celebrou aquí, na Casa do Concello, pola mañá tal e como estaba previsto acordamos por unanimidade de tódolos presentes, a totalidade da Corporación Municipal, concederlle a medalla de ouro do Concello ao Burela FSF”.
José Mª González Barcia sinalou que “o acto de entrega da medalla de ouro xa se está perfilando, estamos en permanente contacto desde o Concello coa directiva do Burela FS para facer un acto que represente a sinxeleza do noso tempo, pero que ao mesmo tempo teña a solemnidade precisa para remarcar esta maior vinculación, aínda si cabe, entre o pobo de Burela e o Burela Fútbol Sala Feminino”.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



