Foz, 30 de maio de 2013. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse hoxe en Santiago co presidente do ente autonómico Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e con técnicos dese departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente para presentarlles as dúas novas alternativas para a construción da nova depuradora que xa dera a coñecer o rexedor municipal na última reunión da xunta de portavoces focense. No encontro tamén organizaron a visita que farán nas vindeiras semanas á Edar de Ribadeo para mostrarlles o seu funcionamento aos responsables políticos municipais e aos representantes veciñais de Forxán, Fazouro e Foz.
“O que intentamos con esta reunión co presidente de Augas de Galicia e os técnicos que levan o expediente da depuradora de Foz foi transmitirlles as dúas novas opcións que hai para construír a Edar. Non queremos que siga estancada, como está actualmente, a elección dese novo emprazamento, para o que a corporación non é capaz de dar ningún paso. Todos sabemos cales son os posicionamentos e nesa idea de desconxestionar este expediente o que queremos é dar dúas opcións máis para que os grupos políticos as valoren. Creo que son dúas alternativas que calquera delas é bastante positiva: unha no polígono industrial e outra en Forxán alto, na zona da estrada coñecida popularmente como As Pendellas, que está bastante illada”, explicou Javier Castiñeira, quen engadiu: “a ver si conseguimos na corporación, tratando de ceder algún da nosa parte, aprobar un destes novos emprazamentos. Augas de Galicia valorou moi positivamente o esforzo que está facendo o grupo de goberno para darlle solución a este problema que ten agora mesmo a corporación, que non se pon de acordo. Por nosoutros non vai quedar”.
O alcalde lembrou que o goberno municipal focense “xa deu tres alternativas á opción inicial que propoñía o PSOE, que se estancou nesa alternativa, en Forxán ao lado da costa, e nós xa presentamos tres opcións. Seguimos pensando que a mellor, dende logo, é Sarrido e despois calquera das outras dúas sempre son mellores solucións que seguir na situación na que está o concello de Foz, que é dramática. Ven aí o verán e os momentos de máxima actuación da depuradora actual e a imaxe eu creo non é boa para a marca Foz. Por iso o meu empeño e a miña idea é tratar de convencer aos grupos municipais para que se acheguen a algunha desa dúas novas opcións. Sería interesante que houbera un consenso máximo e se non dar solución dalgunha forma”.
Castiñeira anunciou ademais que “tamén decidimos cos responsables de Augas de Galicia que nas próximas semanas faremos unha visita á depuradora de Ribadeo, que ten similares condicións á que se pode facer en Foz, para ver o seu funcionamento e a súa afección. Para iso queremos citar aos representantes dos veciños de Forxán, de Fazouro e de Foz, ademais dos responsables dos grupos municipais. Espero que con esa visita cambie en algo a idea que temos todos do que é unha depuradora nova e en bo funcionamento cunha capacidade solvente, como é a de Ribadeo. Nese clima queremos abordar novamente este expediente e tratar de sacalo adiante, que é un problema político no que a corporación ten que dar a talla”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



